27 de agosto de 2005

vigo-barcelona


Sen sabelo levo tatuadas no útero tódalas túas viaxes por terras internas.
Comprendo hoxe a túa dor,
o teu paso transparente e case imperceptible polo mundo,
o leve sorriso dun mirasol.
Levo tatuadas,
as túas olladas cosidas os meus naufraxios,
por iso,
dende ben nena teño tantas molestias no abdomen.


Um comentário:

Anônimo disse...

2046