22 de agosto de 2005


agora que voltei a tí
a mollarme na túa frescura
por máis que me entrego
sinto no meu embigo
tódolos naufraxios
que levo tatuados no lado dereito do útero
nese espazo amplo e silencioso que ule a salgado
ese lugar q ti habitaches, meu mar.

Agora que espida observo a miña sombra no canto da area, snto que a súa partida nesa viaxe de ría en ría é a miña viaxe vital.
A miúdo, nesta bitácora falo de choivas, fiestras, sillas que falan, mares que non mollan e outras luces máis ou menos intensas; máis detrás de todo isto agáchanse tódolos naufraxios, que con estas mans pequerrechas tentei afogar na miña partida.

En Barna, todo parece lonxe, e isa nen que escoitaba as conversas a través do chan que divide o seu cuarto do bar, está soterrada`por aquela nena cn voltaxe de muller que miraba as estrelas e a lúa nas noites de agosto, pedindo un a mor apaixoado co que bañarse espida nesas noites.

En Barna, nese mar que non molla, teño a facilidade de pechar portas e abrir fiestras inmensas.


Estou leda de estar estos días no sardiñeiro, máis eu sonche do mar, preciso ir de ría en ría, na procura desas estrelas que son os teus olliños pequerrechos petando no meu corazón nunha noite de agosto.

Um comentário:

Anônimo disse...

q ai robalisa!
que gusto terte ó carón o mar, na area do sardiñeiro, todo énches co teu sorriso e ca túa maneira de falar e de contar as cousas. todos estamos contentos de terte preto; xa estabamos fartos de que prejuntasen por tí. máis comprendo os teus naufraxios, o chapaote que levamos nas mans, así q disfruta destes día e sorte nesa viaxe de ría en ría.