
29 de julho de 2005
28 de julho de 2005
26 de julho de 2005
bici
24 de julho de 2005
21 de julho de 2005
En proceso
Pronto terei máis fotos para tí,
de lugares atlánticos, que recordan ás miñas costas a humidade de terte preto, a outros vran de paseos en bicicleta.
Pronto terei novas imaxes que mostrarche,
por que aquí, en Barna, a realidade é sinceira e natural se as cadeiras que falan entre elas amosanse fotos e apertanse forte o chan para que as feridas da carcoma non acaben con elas.
de lugares atlánticos, que recordan ás miñas costas a humidade de terte preto, a outros vran de paseos en bicicleta.
Pronto terei novas imaxes que mostrarche,
por que aquí, en Barna, a realidade é sinceira e natural se as cadeiras que falan entre elas amosanse fotos e apertanse forte o chan para que as feridas da carcoma non acaben con elas.
19 de julho de 2005
18 de julho de 2005
cansa como unha fiestra ó sol da tarde
15 de julho de 2005
as contras abertas
as contras abertas, as fiestras dos veciños espían o meu cansazo, os meus soños, e a terraza aloumiña estes olliños que miran e miran e creen que alí, nesa caixiña dourada que é o tívoli, alí, nesa luz na noite, están as respostas das preguntas de sempre. alí esondidiñas e caladas, baixo chave que eu mesma día a día soterro un pouco máis.

13 de julho de 2005
Como en sardiñeiro



ata agora só me enmudecera
a fiestra da



dúas cadeiras falan o final do muelle, como en Sardiñeiro.
Está sucio e ule a cansado.
É como estar sentada no rumbo o verán pasado; dous bancos falaban de insomnios, e músicas,
como en Barna a 8 de xullo.

More Than This (B. Ferry)
I could feel at the time
There was no way of knowing
Fallen leaves in the night
Who can say where they're blowing
As free as the wind
And hopefully learning
Why the sea on the tide
Has no way of turning
More than this - there is nothing
More than this - tell me one thing
More than this - there is nothing
It was fun for a while
There was no way of knowing
Like dream in the night
Who can say where we're going
No care in the world
Maybe I'm learning
Why the sea on the tide
Has no way of turning
More than this - there is nothing
More than this - tell me one thing
More than this - there is nothing

12 de julho de 2005
Aquí o mar non che empapa



Baixar Parallel abaixo, rumbo un novo amante. A bicicleta non ten frenos i creo que deixo algo atrás, máis é excitante deixarse esvarar deste xeito, botando escuma pola boca e por primeira vez escoitando, calando e entregandome a inminente molladura.
O final do espuigón ai duas cadeiras, falan entre elas, escoitanse. Cheguei disposta a que este novo amante acougue as feridas, máis este amante non molla. A pouco milmitros estou de acaricialo, non ule a salgado e o seu son e seco é calado. Pode que non a millor idea tentar curar as fendas neste amante
Levanto a ollada e como un papel de caramelos tirado nun recuncho está Barna. As cadeiras seguen escoitandose i eu decido voltar, coller un deses caramelos pejañentos que ai na bolsa e formar parte deles . Como o meu mar non ai ningún, amante bravo e ferinte, por que aquí o mar non che empapa.
Assinar:
Postagens (Atom)