
pois nestes tres aniños, creo que ainda non vos contei que eu non nacín un dia!
si,si, é certo, non nacín un día, nacín nun periodo de cinco dias!!
nacín o 28 de agosto para uns, para outros hoxe, un 29 e para outros un 1 de setembro.
Eche o que hai!
A miña irmá, disque nacín as 6 da tarde un dia coma hoxe, miña nai di que o 28, meu pai disque non se lembra ben, pero el rexistroume o 1 de setembro, por que un dos meus irmáns naceu tamén ese dia, e así íamos ijualitos! ainda que recoñece que cree que non foi o dia 1 de setembro o dia que nacín.
así que os demáis damiña familia, que non somos poucos, pois escoollen un pouco o ía segun lle conveña.
Eu, pois a verdade e que non me lembro e si teño que escoller, escollo o 29, hoxe; xaque miña irmá, e moi meticulosa en todo e sempre o lembra todo, ademáis cando eu nacín ela xa tiña 11 anos e dixome que se acordababen, xa que despois de tanto home, por fin tiña unha irmanciña.
Miña nai, bueno, ela e que depende do ano di unha cousa, así que non é fiable! je!
Bueno, pois o dito vou soplar as velas?