
sempre o dixen,
dende fai ben de anos;
que non se poden dicir certas palabras ou denostar certas accións,
por que despois ,
por algún motivo de xustiza máxico-fedella,
todo vólvese cara tí,
e así o que unha vez negaches,
hoxe convertese en afirmativo presente,
ou neste caso a palabra que pronunciaches
faise protagonistas dos teus pasos nos vindeiros días.
ABANDONO
ALGÚNS XA PENSARÍADES QUE o anterior POST ERA O DERRADEIRO,
DESPOIS DE TANTOS DÍAS SEN SABERES DE MIN;
ATA ALGUN PENSOU (con razón)
QUE O POST ERA FRÍO DEMÁIS PARA UNHA DEPEDIDA,
DESPOIS DE TANTAS VERBAS E MOITOS MÁIS PÍXELES COMPARTIDOS.
Non, non, non abandonei polo de agora este insomnio,
máis cumpriuse o "post";
abandonei a miña vida en noite;
tamén o meu insomnio edénico que é o meu fogar no Viñao ( aínda que so por dous mesiños)
e abandonei tódalas nostalxias da miña volta a Galiza da que xa se cumpriu un ano,
aquilo xa queda lonxe,
agora teño novas noltaxias!
encantame nostalxiar!
Novo traballo, novo horario, nova cidade, novos proxectos, nova estación.
pois a pesares dos abandonos,
iste insomnio continúa,
por un par de meses dende a cidade de Oza.