2 de setembro de 2008

Google friqui eu

vale, vale, seino, xa mo advertides case a diario os que me rodean, pero hoxe vou dar motivos dabondo para que me chamedes friki con todas as letras! je.

E que eu sonche así, cando engancho aljo que me gusta, nada, teño que sabelo todo, probalo, ata o ultimo trebello que se oculte para despois contarlle a todo o mundo que tal foi o invento.

Jeje, así que de novo, vos volvo a falar do Google, e das suas aplicación tanto me facilitan a min o traballiño, como o google Docs, ou o meu xoguete de cabeceira o Google Picasa ou mesmo o Blogger.

pois ajora resulta, como di hoxe o País e o Código Cero na súa portada, que estes pensantes de Google, van sacar o próximo trebello a probar, e tratase dun novo navegador , o Google chrome. Pois eu quero probalo xa, ainda que vai ser compricado que eu decida deixar a miña actual relación co Firefox 3!

Bueno a parte de esta nova, que me enche de emoción frikitecno(as veces pouco)lóxica ( son cousas do traballo!!!!!!!), hoxe na portada do Código Cero, veñen outras novas interesantes, polo menos, para os que nos adicamos a esto da dinamización tecnoloxica como :

Preséntase en Compostela o libro Las TIC para la igualdad (estaría mellor que estivese en formato pdf, pa descargar todas e todos, pero q lle imosfacer!!!!)

Planeta estrea unha web para axudar aos docentes a fomentar a lectura ( na miña intención non está facerlle promoción a esta web, pero pode ser interesante para os educadores)

Publican un mapa de puntos de acceso Wi-Fi abertos en Compostela (aquí en Castrelo de Miño, temos un mapa similar, jejej)

Publicada na Rede unha relación de alternativas a Google e Yahoo! (Agora que todo semella un tirapuxa entre Google, Yahoo! ou Live Search, non está de máis que lembremos que hai máis portas onde pechar e que non todo ten porqué ser un xogo de dous ou de tres, como di o amigo Sarasqueta, jejej!)



jjeje, como vedes esta última nova, ven a suavizar un pouco esta tremenda loucura friki-publicitaria-pouco loxica que as veces me provoca o google de marras.

por certo, tampouco é a miña intención , poñervos o Código Cero polas orellas, pero e que hoxe que ando libre mirando as novas por internet, eche o que ai, e decidin dar soltura-loucura.

29 de agosto de 2008

sopla


pois nestes tres aniños, creo que ainda non vos contei que eu non nacín un dia!
si,si, é certo, non nacín un día, nacín nun periodo de cinco dias!!

nacín o 28 de agosto para uns, para outros hoxe, un 29 e para outros un 1 de setembro.

Eche o que hai!

A miña irmá, disque nacín as 6 da tarde un dia coma hoxe, miña nai di que o 28, meu pai disque non se lembra ben, pero el rexistroume o 1 de setembro, por que un dos meus irmáns naceu tamén ese dia, e así íamos ijualitos! ainda que recoñece que cree que non foi o dia 1 de setembro o dia que nacín.

así que os demáis damiña familia, que non somos poucos, pois escoollen un pouco o ía segun lle conveña.

Eu, pois a verdade e que non me lembro e si teño que escoller, escollo o 29, hoxe; xaque miña irmá, e moi meticulosa en todo e sempre o lembra todo, ademáis cando eu nacín ela xa tiña 11 anos e dixome que se acordababen, xa que despois de tanto home, por fin tiña unha irmanciña.

Miña nai, bueno, ela e que depende do ano di unha cousa, así que non é fiable! je!

Bueno, pois o dito vou soplar as velas?

merendiñas


Ai, que nostalxias me entran cando recordo as merendiñas!

O outro dia, aproveitamoslos meus sobriños e máis eu, para ir dar unha voltiña polo Pozo dos Fumes, unha das moitas rutas que saen da inquietante vila de Pazos de Arenteiro. E clero, o final da ruta, miña irmá viña carjadiña ca mernda dos rapaces e ooooooooohhhhhhhhhhh! que envexa, de repente acordeime das saborosas merendas que me preparaba miña nai, si, eso de sair do cole e ala, corre corre, para ir a picar esos anaquiños de queixo de tetilla con membrillo!!!

que rico que rico!
agora os meus sobriños, o pablo e o Jorge, que te son moi bos comedoriños, desfrutan do seu bocata de queixo untable con pavo, outros prefiren seicade nocilla, e outros que eu sei, prefiren un bocadillo de pan de cea, con boa cecina, ou bo chourizo picante picante.

E vos, que merendabades!

onde o Miño é Atlántico

desembocadura do Miño, dende Caminha!

E decidín estirar a corda que me manten amarrada, pendurada deste carballo a beira do barbantiño, para deixame ir, e desembocar no Atlántico a fin de poder, un día máis, ser auga que lisca correndo vida abaixo!

25 de agosto de 2008

Cheguei!

vistas da miña chegada e reincorporación ao ribeiro despois das vacacións!

xa estou de volta dende fai uns dias, así que prontiño vos contarei cousas de merendas e navegacións! así como outra historia pendente!

8 de agosto de 2008

Pechado por deriva

dúas imaxes superpostas da auga do miño ao seu paso por castrelo de Miño, e as mesma augas na súa desembocadura!

Durante uns días, ando á deriva polo Miño abaixo!
Vémonos a voltiña!

3 de agosto de 2008

"A Costa da Morte non pensa no AVE, pensa en poder chegar en autobus a Santiago nunha hora e media e non en catro"


di o amigo Manolo, Alexandre Nerium, nunha máis que interesantísima conversa que sae publicada estos días en Vieiros.

Cal é a Nocturnidade do Sal?
Nocturnidade é a realidade cotiá na que está inmersa a Costa da Morte, na que estamos mergullados, a que está dentro de nós. É a nosa vida. E o libro leva tamén un subtítulo, que é Trala raxor do día. Se te fixas, o poemario vai dende a raxor, que é a primeira palabra, ata a auga tinta. Os mariñeiros non se rexen pola claridade do día, nin polo resplandor do sol, os mariñeiros réxense pola auga. Cando lle chega a luz do sol, a auga faise transparente, até que acaba na auga tinta, que é cando volve perder a transparencia, e por iso se rexen os mariñeiros, polas augas e tamén polas mareas. O día importa pouco na pesca, como non importa por exemplo o outono. Os mariñeiros miran sempre para o mar, o que miran son os temporais que lles afectan a eles, no lles importa moito que caian as follas, o outono como se ve desde terra. Mírase cara ao mar, que de onde veñen os malos tempos e o inverno. En Fisterra dise por exemplo 'ao chegar a Xunqueira, o inverno cheira'. A partir do quince de agosto xa empeza o inverno, que non o outono.

Sen dúbida, un dos libros máis esperados por estas augas, que xa empezan a cheirar o inverno. Moitas gracias Manolo polas túas verbas, o teu carisma, e o sorriso da túa familia e como non da tartaruga ben mantida do francisquiño!

31 de julho de 2008

Castrelo de Miño, a nosa enerxía ten valor!

Pois si a semana pasada daba conta do parque ambiental( sexa en Carballeda de Avia, ou en Punxín ou Maside), esta semana, e sen deixar pasar máís tempo, débolle a estas terras que me dan de comer, lembrar esta reinvidicación:


Recomendovos estes dous artigos aparecidos en prensa que dan conta do atropello e dor.
Axudar ás eléctricas por Manuel Herminio Iglesias

Isto é un atraco a man armada e un novo regalo do Estado ás poderosas empresas hidroeléctricas


Video de informe semanal sobre o atropello da luz!


Fotografías emprestadas e sen o seu permiso deste blo