24 de agosto de 2007

Alma Galega en LEIRO

esta noite no Novocine de leiro,
sí, sí,
no cine do Ernesto,
presentase o documental
ALMA GALEGA (1966) de
Armando Hermida Luaces,
sen dúbida unha magnífica ocasión para relembrar a nosa memoria cotidiana,
e sen dÚbida unha oportunidade para beber un rico Ribeiro no Bar do Juan ou do Manolo,
no víspera da festa da Istoria da veciña Ribadavia,
E da festa da vendimia de Leiro a que non faltaremos este vindeiro domingo.

un saúdo e moito, moito
RIBEIRO.

21 de agosto de 2007






La utopía está en el horizonte.

camino dos pasos, ella se aleja dos pasos,
y el horizonte se mueve diez pasos más.

¿Para que sirve la utopía?.
Para eso,sirve para caminar

eduardo galeano


... pois sirve para crer nos ollos da miña xente,
da túa tamén,
sirve para construir verbas que arroupan as nostalxias insomnes
as utopías sobrevoan a rutina entre punxín e santa cruz de arrabaldo...

9 de agosto de 2007

boísimo o blo do berto yanez


imaxen estraida do blo de berto,
é xenial, e non esquezades visitar outras lindezas para partir as cachas

2 de agosto de 2007

terrakota


o concerto do 24 en compostela foi xenialLlllllllllllllllllllll!

facía moito tempo que as pernas non corrían detras da liberdade. increibel!


non esquezades pinchar no titulo deste post



Terrakota é o máis destacado representante dos "ritmos étnicos" en Portugal, despregan música orgánica enraizada na África Negra, que bebe sonoridades do Sáhara, do Caribe, da India, de Occidente, e que crece baixo o sol de Xamaica para finalmente chegar ata os nosos oídos enriquecida nunha forma e nun estilo que son un e todos ao mesmo tempo.A música de Terrakota pódese describir como unha efervescente fusión de sonoridades provenientes tanto do continente como dos destinos migratorios do pobo africano. Todas estas influencias (reggae, sons do Sahel, música mandinga, Wassolou, Chimurenga Sound, música árabe, ritmos afro-cubanos, Soukous, etc...) catalízanse nunha reacción de enerxías vibrantes e explosivas.Terrakota é fusión sen ningún compromiso, "tudo misturado" como din eles, unha bomba de enerxía estalando e mandando chispas por todos os lados, un viaxar entre sons, ritmos e voces que non teñen fronteiras pero si unha identidade e unhas raíces ben fortes.


texto extraida da paxina do festigal

1 de agosto de 2007

regreso a numancia 14

a espera polo tren no aeroporto engulía todos estos meses na terra do ribeiro,
como se fose un fermosísimo soño,
por momentos deume medo de que así foxe.
Barcelona cura feridas,
pero abre nostalxicas sicatrises, fermosas,
pero irremediablemente permanentes.
En Sans estació as pernas penduraban da rutina,
i en numancia 14,
todo eran nudos na gorxa, o pracer de rascar as costras.
En numancia 14 as fiestrar da salita continuaban abertas, e non parou de entrar e sair xente de aquel lugar que anda a procurar como atallar o laberinto que nos asolaga.
Gústame numancia 14, por que sempre está disposta a bailar
porque na pizarra da entrada non pasa o tempo e o xiz faise eterno,
gustame polas súas xentes, polos autóctonos e polos que sempre se resgardan alí.
Voltar a numancia 14 e seguir para adiante, máis rememorando o laberinto persoal.
Chegar a O Viñao é soñar verdes absolutos, e nadar como as ras.

e xa estou de volta,
imos abrir as fiestras
para deixar entrar os soños e insomnios que acumulei estos días

ei!
xa estou de volta,
si,si, seino,
funme de vacacións río abaixo,
sin despedirme.
sin apenas deixar rastro.
pero,
é o que ten o río,
que dilue es pegadas.