3 de agosto de 2008

"A Costa da Morte non pensa no AVE, pensa en poder chegar en autobus a Santiago nunha hora e media e non en catro"


di o amigo Manolo, Alexandre Nerium, nunha máis que interesantísima conversa que sae publicada estos días en Vieiros.

Cal é a Nocturnidade do Sal?
Nocturnidade é a realidade cotiá na que está inmersa a Costa da Morte, na que estamos mergullados, a que está dentro de nós. É a nosa vida. E o libro leva tamén un subtítulo, que é Trala raxor do día. Se te fixas, o poemario vai dende a raxor, que é a primeira palabra, ata a auga tinta. Os mariñeiros non se rexen pola claridade do día, nin polo resplandor do sol, os mariñeiros réxense pola auga. Cando lle chega a luz do sol, a auga faise transparente, até que acaba na auga tinta, que é cando volve perder a transparencia, e por iso se rexen os mariñeiros, polas augas e tamén polas mareas. O día importa pouco na pesca, como non importa por exemplo o outono. Os mariñeiros miran sempre para o mar, o que miran son os temporais que lles afectan a eles, no lles importa moito que caian as follas, o outono como se ve desde terra. Mírase cara ao mar, que de onde veñen os malos tempos e o inverno. En Fisterra dise por exemplo 'ao chegar a Xunqueira, o inverno cheira'. A partir do quince de agosto xa empeza o inverno, que non o outono.

Sen dúbida, un dos libros máis esperados por estas augas, que xa empezan a cheirar o inverno. Moitas gracias Manolo polas túas verbas, o teu carisma, e o sorriso da túa familia e como non da tartaruga ben mantida do francisquiño!

3 comentários:

tertulias para perogrullos disse...

As comunicacións en Galiza son un desastre, que lle imos facer, eu creo que o Ave é un despilfarro que enriba nos vai saír moi caro, incluso non sei se politicamente... Bueno, saúdos, por certo, son David de d´Agolada no meu novo blog, pásate se queres a coñecelo. Bicos

busto.agolada disse...

Ola Palmira, teño pasado pola túa bitácora con frecuencia , mais sen moito tempo para deixarche unhas palabriñas de compañía e agarimo. Espero compensarte nos meses vindeiros.
A Costa da Morte, esa terra que puiden coñecer e aprender a querer precisa das atencións dos políticos en primeiro lugar para poñerlle remate á condición de finisterrae: mellorar a infraestruturas, as dotacións, fixar poboación, ofertar servizos e redescubrila ou reinventale se for preciso.
Desta túa entrada aprendín algo sobre a cosmovisión mariñeira.
Unha aperta desde Agolada cara o Ribeiro.

insomniorizar disse...

Alegrome moito busto, que este post,faga chegar a nosa forza cultural a terras dos adentros!