29 de agosto de 2008

onde o Miño é Atlántico

desembocadura do Miño, dende Caminha!

E decidín estirar a corda que me manten amarrada, pendurada deste carballo a beira do barbantiño, para deixame ir, e desembocar no Atlántico a fin de poder, un día máis, ser auga que lisca correndo vida abaixo!

3 comentários:

Anônimo disse...

o miño non "morre" no atlántico, volve a nacer...bebe do atlántico...comparte con el soños e sorrisos que chegan das outras terras, que suben río arriba ata chegar ó barbantiño, para deixarte un bico debaixo da almofada, e que te acompañe nesas noites de verán de fiestra aberta a lúa

cneirac disse...

Descúlpame o autobombo deste conto para meniños que está ambientado por aí embaixo.

Bo folgo, bo vento e moita saúde.

insomniorizar disse...

Pois benvido o autobombo con lerias así!

29 de abril do 2005!
faltaban a penas un par de meses, para que eu empezara a facer dos meus insomnios blogue!

Graciñas por este regalo de cumpreanos!Por estos versos para meniños!je!
......

IV

El quixo botarme un cabo, pero eu conteille unha historia, a do seixo que brincaba unha vez mais outra, para ledicia da meniña, até caer afogado. Chorou, si. Mais seguiu teimando.

Veño de velo apostar co meu fado na baiuca que no Outono teríamos un novo almanaque, e un escaravello marelo selvaxe, o sexto contador dos ventos que sulcan a fértil periferia das marxes.

Seica ten pensado emprender a viaxe, a dúas veces milenaria ruta das lampreas, dende o Ártabro ata onde morre o Pai da Terra, u remexen maré e corrente. Avante, canda o presente madureiro das videiras.

V

Alén do devalo da boa chuvia, os encoros ergueitos polas malas dúbidas cunha folerpa de inocencia estalan, nunha fervenza de xerfa e a música dun alalá co que se regalan as montañas.

En caendo a noitiña sobre a cunca dourada, dos meus desexos forxada, há de abeirar ao canedo, e baixo a ponte, silandeiro, contemplará a nosa amiga, miña amada.

Un só raio do luar abondaralle para ver, un lóstrego no mar chegarame para saber. No santuario do primeiro misterio un trasno xa ten feito do meu reino unha lasquiña de ceo.

e VI

E cando as reticencias brillen enfronte, decatareime de que a noite no colo tenme collido, profundando nos teus ollos, deles prendido, e sentindo, coma onte, o tambor do home, lembrarei o teu sorriso.
.......

Estos versos, poreinos miño abaixo!