que ando a maquinar con todo esto do Software libre ou Software Ceibe, estou nos comenzos, pero polo de agora ando entusiasmada con todo isto.
(Bueno, as veces sobrepasame tanta e tanta información).
Máis ando encantada,
por que é moi sinxelo aínda para min que son un pouco lentiña para estas cousiñas. Sinxelamente nesta mensaxe tan só plasmar o concepto,
para os que os descoñezan e queiran interesarse polo tema, un saudiño!

"Software Ceibe", ou "Software Libre", é un concepto amplo que no seu aspecto mais sinxelo se refire a programas de ordenador nos que o usuario ten as liberdades de:
- Uso: sen distinzóns de persoa e propósito.
- Modificazón: o poder facer cambios sobre o programa, mesmo a crear programas novos a partir do orixinal, ou a incluír partes dun programa noutro, e facer estes cambios públicos.
- Copia: sen restriczóns en canto a número, forma ou medio, de balde ou por un prezo.
Ademais, o Software Ceibe incorpora o conceito de "copyleft" ("copiceibe"), que esixe que calquera programa derivado dun programa ceibe sexa, á súa vez, tamén ceibe.
Anque o primeiro grande proxecto de Software Ceibe data do 1983, é dende o ano 2000 que ven tendo un auxe importante fronte a alternativas tradicionais ("privativas"). Programas coma o navegador Mozilla Firefox, o entorno de oficina OpenOffice ou o sistema operante GNU/Linux son exemplos.
En lugares dispares e numerosos de todo o mundo, governos, particulares, empresas, escolas e universidades están a descubrir que o Software Ceibe é unha alternativa sólida, fiable, económica e socialmente xusta. Como mostra están as experiencias da India, Alemaña, Francia, China ou, dun xeito moi salientable, o Brasil e Extremadura.







o domingo pasado todos nos levantamos coa noticia do "por qué no te callas" de don Juan Carlos hacia Chávez. Seguramente as formas de chávez non foron as máis correctas (manda carallo ter que falar de formas correctas e que o estado español exija respeto as antigas colonias do reino, cando máis ben debería pedir perdón e todo o robado e aniquilado durante siglos). Chávez, Ortega e compañía estaban a queixarse lexítimamente entre otras cousas do colonialismo capitalista que mafias como Repsol, Banco santander, Telefónica, e compañía están a exercer nestes países. O "paraleleismo" venme a cabeza porque se o señor villar mir a través de Ferroatlántica é capaz de cometer estos atropellos e quedar completamente impune, que non serán capar de facer estas empresas colonialistas en centroaérica e sudamérica?