27 de novembro de 2007

Bueno, fai unhas semanas, por motivos do meu novo traballo,
que ando a maquinar con todo esto do Software libre ou Software Ceibe,
estou nos comenzos, pero polo de agora ando entusiasmada con todo isto.
(Bueno, as veces sobrepasame tanta e tanta información).
Máis ando encantada,
por que é moi sinxelo aínda para min que son un pouco lentiña para estas cousiñas. Sinxelamente nesta mensaxe tan só plasmar o concepto,
para os que os descoñezan e queiran interesarse polo tema, un saudiño!



"Software Ceibe", ou "Software Libre", é un concepto amplo que no seu aspecto mais sinxelo se refire a programas de ordenador nos que o usuario ten as liberdades de:

  1. Uso: sen distinzóns de persoa e propósito.
  2. Modificazón: o poder facer cambios sobre o programa, mesmo a crear programas novos a partir do orixinal, ou a incluír partes dun programa noutro, e facer estes cambios públicos.
  3. Copia: sen restriczóns en canto a número, forma ou medio, de balde ou por un prezo.

Ademais, o Software Ceibe incorpora o conceito de "copyleft" ("copiceibe"), que esixe que calquera programa derivado dun programa ceibe sexa, á súa vez, tamén ceibe.

Anque o primeiro grande proxecto de Software Ceibe data do 1983, é dende o ano 2000 que ven tendo un auxe importante fronte a alternativas tradicionais ("privativas"). Programas coma o navegador Mozilla Firefox, o entorno de oficina OpenOffice ou o sistema operante GNU/Linux son exemplos.

En lugares dispares e numerosos de todo o mundo, governos, particulares, empresas, escolas e universidades están a descubrir que o Software Ceibe é unha alternativa sólida, fiable, económica e socialmente xusta. Como mostra están as experiencias da India, Alemaña, Francia, China ou, dun xeito moi salientable, o Brasil e Extremadura.

O Software Ceibe dá lugar a comunidades de usuarios e desenvolvedores, onde a interacción entre as persoas que usan os programas e as que as fan é contínua e enriquecedora. O modelo de creazón de novos programas basease na cooperazón e compartizón de coñecementos, e o modelo de uso na axuda e exploración mútuas das posibilidades do software.información extraída de Ceibe.

información extraída de Ceibe


4 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Asomeime á tua ventaniña e gustoume o comentario.
--Costoume vocalizar mentalmente o nome do teu blog; pero finalmente cheguei á conclusión de que é bo non estar dormindo, incluso cando se pensa que é hora de dormir; gracias a elo disfrútase de olladas como a do teu blog--

Unha aperta

torredebabel disse...

pois ten aqui unha entusiasta usuaria dos programas do Mozilla e do OpenOffice. Máis que entusiasta usuaria son unha partidaria política do que significan.

insomniorizar disse...

insomniorizar:
e por que non insomniorizar a terra, e si non durmisemos?
percibiriamos igual o tempo?
traballaríamos máis horas?
seríamos máis creativos?

gústame a accíon de insomniorizar o pobo.

Gracias polas túas verbas Chousa.
por certo, fermosisimo blo , pode que te resulte interesante o proxecto ríos, unha aperta dende os pes do carballo.

insomniorizar disse...

xusto ahí,
diches no cravo!
eu penso o mesmo!