"....As organizacións e colectivos que conformamos a Rede Litoral Vivo, entendemos necesario estender a rede cidadá para incorporar a outras plataformas e entidades cívicas cuxo principal obxectivo é acadar unha xestión máis sustentábel e solidaria dos nosos recursos naturais e pular por unha ordeación do territorio racional e socialmente xusta. Alén do litoral, hoxe están ameazados grande parte do noso patrimonio natural, histórico, etnográfico e mesmo os xeitos de producción propios, pola extensión dun modelo económico insolidario e depredador ao servizo dos intereses capitalistas e especulativos..."
información estraída da FEG
información estraída da FEG
Um comentário:
No che digo nada sobre este post, porque xa falo no meu blog de el. So espero que non se mezclen os partidos polo medio
Postar um comentário