Por casualidade e gracias a travesía dun bo amigo din con este proxecto, e non dubidei en falarvos del, xa que entre todos podemos facer máis grande este proxecto tan interesante,
eu xa ando toliña con él e co
Barbantiño.
Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.
Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel nesta web. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.
¿Quen pode participar?
O Proxecto Ríos está aberto a calquera persoa ou colectivo que asuma o compromiso de levalo adiante: asociacións de veciños, de pescadores, deportivas, culturais, sociais, centros educativos, escolas de tempo libre, grupos familiares ou de amigos ....
Todo o mundo é benvido , teña ou non coñecementos prévios sobre os rios.
Ámbito xeográfico
O Proxecto Ríos abrangue toda Galiza, e dentro dela, calquera río de certa entidade que discorra nalgún dos seus treitos polo noso país
7 comentários:
Entro sen chamar en sin invitación...
Bonito blog.
Comenzarei por falarche de dous rios que teño na miña vida... un o teño a tiro de pedra da miña casa (o Uma) e outro no meu pensamento (o Limia). Os andares do Limia que coñezo transcorren por a Baixa Limia, parque natural do Xures.
O Uma camiña por as terras de Ponteareas.
Que podan seguir levando vida por a terra moitos anos.
entra, entra sen chamar!
benvido!
O xurés!, que andares! este vran estiven por esas augas, que limparon os meus ríos interioes!
Quedeime con ganas de máis xurés.
Eu sonche Atlantica de nacemento, máis gosto do Miño, por que no seu colo acolle un montón de ríos.
agora dame de beber o Barbantiño, o Listanco e o Viñao.
Eu nacín preto do Sil, e eso marca de por vida.
Interesante proxecto, oxallá teña boa acollida.
Teño moitos recordos infantis unidos o río Anllons,vivo pegada a un regato chamado "Da Loba",recorrín o Mandeo,fixen piragua polo Eume.........
amos os nosos ríos,e gracias pola información preguntareí no concello a ver que podemos facer.
apertas
Pois por desgraza xa sabes que na nosa zona temos o rio máis secuestrado da Galiza, O Xallas.
E temos tamen o Castro no que calquer día nos clavan unha minicentral
Esta é unha idea estupenda palmiriña. Apúntome!!! O que non sei se os miniríos da miña infancia e que atravesan parte do val miñor, o río groba e o miñor, entran dentro deste proxecto. Informareime. Mil bicos
pois claro Carolina!
o bo deste proxecto e que pode participar quen o desexe,e co analisis do río que lle quede ben pretiño! así que miña nena, a camiñar polas costas do río.
Un bico enorme!
Hola Pau,
a pesares de vivir unha rúa máis arriba na cidade dos nenos,eche compricado coincidir!
Tes razón co dos ríos da nosa terra. sen esquecer o San Xoán, que pasa polo Sardiñeiro, que foi reducudo a un regato noxento cunha desembocadura ridiculizada a prol dunha nova urbanización, e que como consecuencia cada vez que chove inunda a carretera que une a peninsula de fisterra co !mundo!
Postar um comentário