1 de março de 2007













Marchei como quen deixa os temores atrás en busca dun punto cero no camiño. Ía nerviosa e ca tristeza no embigo. non quero pensar no por que, máis esta fin de semana a tristeza ( ou que estou tan confusa pola falta de sono, falta de insomnios ou de xestas non durmidas) invadiume e ata as miñas gafas non lucen tan brancas como sempre.
Dei voltas como o gato negro dos monelos arredor do avia, a ponte que cheira a queimado, a ponte baixiña de pedra e a Marchei, saín fuxida Miño abaixo, parecía que ía abrir o día.


ponte colgante...unha, dúas, e ta 7 veces, como si dunha liturxia se tratase.
Recollín un sorriso i con él me fun a outro dos recodos deste mundo que tí e máis eu contruimos coas palabras, con pedaciños de fotos e pedras de casiñas abandonas. Era un lugar onde de seguro hai seres pequerrechos que teñen orellas como as miñas.

aquel lugar era o pozo dos fumes no río Arenteiro, onde a chuva non empañou nin as miñas gafas, nin o sorriso quente, nin os silencios non ditos. Subimos o pozo dos fumes e o chegar o final do camiño, eu e o sorriso saimos voando da man da choiva entre as carballeiras cara o gris do ceo.



Fotos cor de RRebumbio e bagoas insomnes
fotos B/N de aphantos


5 comentários:

Son Unha Xoaniña disse...

Alégrame moito que che gustaran as miñas palabras.
Adxuntalas no teu blog no me molesta ó contrario, eso quere dicir que significaron algo para ti. Moitas grazas.
"Este pozo dos fumes" pareceme un bo sitio para gardarse da choiva, quedareime un anaquiño nel, por ver se eu tamén saio voando co meu sorriso cara o mundo.

Rifo I de Zeuquirne.

Anônimo disse...

...eu todavía ando a voar da túa man cara as montañas que tiñamos en frente...cara os valles que se veían o fondo...cara a utopía...e de vez en cando, cando penso que estou a descender á realidade... sinto unha racha de vento fresco do atlántico na miña cariña que me axuda a manter o vo...

Moralla disse...

Que lindo post!!
Bicos de Yoli ;-)

insomniorizar disse...

a verdade e que tedes que coñecer esta ruta dentro do concello de boborás , é fernosísima , como outraas que pouco a pouco descubrirei co sorriso da miña man.

Anônimo disse...

Buenas noches arbolillo. Me he sentido obligado a escribir tras ver estas fotos tan bonitas. Un beso+abrazo fuerte de una silla para descansar.mmmuak