2 de março de 2007

Ó fin sos

Ó fin sos. Facía moito tempo que matinaba en cómo había ser este momento, pero xamáis pensei que as cousas ían acontecer así.Imaxinei mil historias diferentes, había unha morea de conversacións pendentes... e tantas cousas das que tiñamos que falar...! Agora paréceme que en certa maneira idealicei a situación, porque a verdade todas aquelas conversas tantas veces imaxinadas e desexadas quedáronse nunhas sórdidas palabras, que so me produxeron unha grande frustración.Houbera sido moito millor seguir desexando o momento de estar sos, ca sentir este vacío por mor das palabras non ditas.

Rifo I de Zeuquirne

4 comentários:

insomniorizar disse...

hola, hoxe desopois do voo, foi xenial atoparme con estas palabras. as palbras exactas q non me saian a min.

Quero darlle a benvida a este novo blog, que xa forma parte dos meus insomnios. estou segura que ei atopar nel palabras moi fermosas con fondo azul

Anônimo disse...

...a min parécenme unhas palabras bastante duras...mentras estaba a ler estabe a sentirme como un dos dous...e producíame...non sei com explicalo...

Anônimo disse...

Son cousas que pasan, sobre todo cando tardas demasiado en ver a alguen, idealizase bastante ese momento, queres facer mil cousas, contar todo o que non contaches, tomar todolos cafes non tomados e recuperar o tempo de ausencia.
Espero que todo vaia moi moi ben

Ra disse...

Precioso.