12 de agosto de 2006

esto e de calidonia, fai click aqí



Sospeitas razoábeis


Unha das claves desta hipótese de explicación da vaga de incendios reside en que a prohibición de construción durante 30 anos nos terreos que arderon só se aplica no solo rústico de protección forestal, pero non en solo rústico urbanizábel. Ese é o tipo de solo que en moitos lugares está ardendo, perto de casas e zonas habitadas, nos concellos con máis poboación e con maior crecemento urbanístico de Galiza. O solo queimado, tira os prezos polo chan e facilitan as vendas a curto prazo, xa que os propietarios non poden tirar rendementos forestais dos terreos nun longo período de tempo. Aumenta o número de vendas e de compras por parte de inmobilirias, constructoras e especuladores. Se cadra perde o sector turístico pero outros sectores terán grandes rendementos a medio e longo prazo. Non esquezamos ademais a inexistencia dunha política urbanística nos concellos digna de referir ese nome, en especial nos máis rurais e caciquís, que vén agravar o problema da existencia de asentamentos poboacionais a carón de masas forestais, e do incumprimento das obrigas legais de manter distancias mínimas a casas e camiños e de limpar as superficies dos montes.
Unha segunda clave está na intelixencia, coordinación, premeditación, alevosía e nocturnidade coas que se prenderon a maioría dos lumes, perto dos núcleos de poboación e das principais vías de comunicación, convertendo o suceso nun fenómeno visíbel pola maioría da poboación e nun espectáculo mediático, sen importar o perigo e as vítimas causadas. Xa non se pode falar de pirómanos, nen sequera de incendiarios. Isto é obra de terroristas. Como senón se explica que prendan lume ao pe das pistas dos aeroportos que os medios aéreos empregan para repostar e se abastecer? Ou os aparellos incendiarios lanzados desde avionetas polas noites?Unha terceira clave reside na intencionalidade e no aproveitamento político da crise. Se alguén tiña dúbidas que as vaia borrando da cabeza. As continuas preguntas retóricas de ‘onde está Nunca Máis?’ que están a encher os foros electrónicos, provenientes quer dos seus autores primixéneos, quer dos seus altofalantes mediáticos, da xente que se deixa levar pola tensión e os nervos, da que non é capaz de pensar máis aló do que ouve, ou da que se resiste a crer que detrás disto hai unha trama ben formada de intereses de todo tipo… todas esas preguntas e ironías autodestrutivas só se explican desde unha posición de resentimento partidario e de intento de instrumentación política desta catástrofe.
As demais claves, xa as coñecemos e son as de todos os anos e as máis estruturais: temperaturas elevadas e cambio climático, situación de abandono e de cambio de usos dos montes, inexistencia de recursos orzamentarios para ampliar a dotación de medios de extinción (de por si elevada obxectivametne) e crear unha verdadeira política de prevención, os intereses creados á negra sombra da industria do lume, etc… Se cadra isto si está no debe de todos e todas nós.
E a semana que vén falaremos do Goberno.

Nenhum comentário: