19 de setembro de 2008

A historia das cousas ou....



Bueno, pois o que prometin fai catro horiñas antes, o dito, quero comparti este video que me enviaron e que anda a correr como unha cadea dende fai uns dias.

Dura uns 20 minutos, sei que é moito tempo, sobre todo para os que andades a mirar de esguello esto dos blos, mentras andades co traballiño, pero merece ben a pena, adicarlle ese tempo!
Bueno, xa me contaredes e xa os contarei!

12 de setembro de 2008

6 de setembro de 2008

Gracias polo regalitu!

Abuela, mamá, ana, viví e máis o pablo, regaláronme unha camara de fotos, así que levo a tarde fotografiandoo todo, todo. as ovellas, as pompas de xabrón, o rumbo de Sardiñeiro, Lires, Rostro, ao Brais...
Graciñas!

insomnio?


Pois, conta, conta!

5 de setembro de 2008

espantoso!


Pois si xa facía un tempiño que estaba a recuperar o pracer de soñar coa luz da lúa na miña frente, pois xa está, xa se acabou, agora ando outra vez insomne!
 esta vez, é por que os espantosos pilares da autovía que nacen nas augas do Barbantiño non paran de medrar nin un so minutiño.
 E logo?
 Traballase neste espanto 24 horas o dia e noite, provocando que xa non sexa a luz da lúa a que ilumine as ventas da miña casiña. Agora, de noite dende O Viñao, temos unha imaxe futurista, como eses edificios raritos, cheos de luces que solen facer por .... bueno!, por alá lonxe!

Se queredes ver máis imaxes espantosas a beira do Barbantiño, chuza aquí. (Non apto para calqueira)

2 de setembro de 2008

Google friqui eu

vale, vale, seino, xa mo advertides case a diario os que me rodean, pero hoxe vou dar motivos dabondo para que me chamedes friki con todas as letras! je.

E que eu sonche así, cando engancho aljo que me gusta, nada, teño que sabelo todo, probalo, ata o ultimo trebello que se oculte para despois contarlle a todo o mundo que tal foi o invento.

Jeje, así que de novo, vos volvo a falar do Google, e das suas aplicación tanto me facilitan a min o traballiño, como o google Docs, ou o meu xoguete de cabeceira o Google Picasa ou mesmo o Blogger.

pois ajora resulta, como di hoxe o País e o Código Cero na súa portada, que estes pensantes de Google, van sacar o próximo trebello a probar, e tratase dun novo navegador , o Google chrome. Pois eu quero probalo xa, ainda que vai ser compricado que eu decida deixar a miña actual relación co Firefox 3!

Bueno a parte de esta nova, que me enche de emoción frikitecno(as veces pouco)lóxica ( son cousas do traballo!!!!!!!), hoxe na portada do Código Cero, veñen outras novas interesantes, polo menos, para os que nos adicamos a esto da dinamización tecnoloxica como :

Preséntase en Compostela o libro Las TIC para la igualdad (estaría mellor que estivese en formato pdf, pa descargar todas e todos, pero q lle imosfacer!!!!)

Planeta estrea unha web para axudar aos docentes a fomentar a lectura ( na miña intención non está facerlle promoción a esta web, pero pode ser interesante para os educadores)

Publican un mapa de puntos de acceso Wi-Fi abertos en Compostela (aquí en Castrelo de Miño, temos un mapa similar, jejej)

Publicada na Rede unha relación de alternativas a Google e Yahoo! (Agora que todo semella un tirapuxa entre Google, Yahoo! ou Live Search, non está de máis que lembremos que hai máis portas onde pechar e que non todo ten porqué ser un xogo de dous ou de tres, como di o amigo Sarasqueta, jejej!)



jjeje, como vedes esta última nova, ven a suavizar un pouco esta tremenda loucura friki-publicitaria-pouco loxica que as veces me provoca o google de marras.

por certo, tampouco é a miña intención , poñervos o Código Cero polas orellas, pero e que hoxe que ando libre mirando as novas por internet, eche o que ai, e decidin dar soltura-loucura.

29 de agosto de 2008

sopla


pois nestes tres aniños, creo que ainda non vos contei que eu non nacín un dia!
si,si, é certo, non nacín un día, nacín nun periodo de cinco dias!!

nacín o 28 de agosto para uns, para outros hoxe, un 29 e para outros un 1 de setembro.

Eche o que hai!

A miña irmá, disque nacín as 6 da tarde un dia coma hoxe, miña nai di que o 28, meu pai disque non se lembra ben, pero el rexistroume o 1 de setembro, por que un dos meus irmáns naceu tamén ese dia, e así íamos ijualitos! ainda que recoñece que cree que non foi o dia 1 de setembro o dia que nacín.

así que os demáis damiña familia, que non somos poucos, pois escoollen un pouco o ía segun lle conveña.

Eu, pois a verdade e que non me lembro e si teño que escoller, escollo o 29, hoxe; xaque miña irmá, e moi meticulosa en todo e sempre o lembra todo, ademáis cando eu nacín ela xa tiña 11 anos e dixome que se acordababen, xa que despois de tanto home, por fin tiña unha irmanciña.

Miña nai, bueno, ela e que depende do ano di unha cousa, así que non é fiable! je!

Bueno, pois o dito vou soplar as velas?

merendiñas


Ai, que nostalxias me entran cando recordo as merendiñas!

O outro dia, aproveitamoslos meus sobriños e máis eu, para ir dar unha voltiña polo Pozo dos Fumes, unha das moitas rutas que saen da inquietante vila de Pazos de Arenteiro. E clero, o final da ruta, miña irmá viña carjadiña ca mernda dos rapaces e ooooooooohhhhhhhhhhh! que envexa, de repente acordeime das saborosas merendas que me preparaba miña nai, si, eso de sair do cole e ala, corre corre, para ir a picar esos anaquiños de queixo de tetilla con membrillo!!!

que rico que rico!
agora os meus sobriños, o pablo e o Jorge, que te son moi bos comedoriños, desfrutan do seu bocata de queixo untable con pavo, outros prefiren seicade nocilla, e outros que eu sei, prefiren un bocadillo de pan de cea, con boa cecina, ou bo chourizo picante picante.

E vos, que merendabades!