31 de janeiro de 2008


fai un par de meses, gracias a David,

o meu mestre en temas de software ceibe,

dei cun pequeno documental titulado:

?"Hacktivistas:los agitadores de la red"

que se emitiu fai un tempo na TVE na noite temática.



Para mín foi todo un regalo que acabara este video nas miñas máns,

pois espertou moitos, moitos insomnios compartidos con algún que outro amigo,

co que pasei as noites maquinando arredor de temas que aparecen reflectidos neste documental.



Un dos que sae falando no video, o fundador de Zapatistas online,

se mal non recordo, falaba a cerca de como él plantexou o seu manifesto,

a partir das ideas de desobediencia civil de Thoreau e activismo non violento de Ghandi.



Sí, foi aí onde escoitei falar por primeira vez, do libro de Thoreau:

"Desobediencia civil e vida sen fundamentos".

uns días máis tardes, recomendándolle este documental ao amigo Fer,

e falándolle de Thoreau,

él díxome que neses intres estaba a ler o excepcional " Walden".

así que non dubidei, en ir a procura destos dous pedaciños de verbas

sinxelas, rotundas e fermosas, coma as fotos que adoitan a colgar nos seus blos, bos compañeiros de insomnios como as costas de pau, ou chousa de alcandra.



sen dúbida,Thoreau, converteuse

nesa perfecta e fresca almofada que da cova os meus insomnios,

que da patria as miñas utopías.



E aínda que Thoreau chegou a este mundo fai máis de 170 anos,

as preguntas que se plantexou a cerca da fermosura que o rodeaba, a terra, os ríos, sobre o individuo, o estado e demais océanos;

é hoxe para min, ese bo amigo que te ensina unha ruta entre os carballos que non coñecía.



esta fin de semana estiven en Barcelona, no Foro Social Catalá, e alí, ademais de compartir cafeíño, con Salvador e Antonia, puiden observar como nas charlas que escoitei, estaba moi, pero que moi vixente as verbas que Thoreau crea nestas dúas obras mencionadas.



nada máis, só quería compartir con vós

?Este video aparece no youtube, dividido en 6 partes no enlace que vos indico!


:
A táctica Zapatista FloodNet é un Applet de Java que asiste na execución de virtual sentadas por recarga automaticamente o sitio web dirixido varias veces cada minuto. Ademais, permite aos usuarios publicar declaracións á web mediante o envío ao servidor de rexistro. FloodNet foi creado polo Electronic Disturbance Theatre membros carmín Karasic e Brett Stalbaum. Este grupo activista executado FloodNet en abril e decembro de 1998. O programa FloodNet só causará efecto desexado cando miles de usuarios que se rexistran en forma simultánea, na que todos as súas navegadores cárgase automaticamente e orientadas por sitio web de causa efecto desexado. Efecto desexado por mor de tanto tráfico no interior do servidor de calquera outro usuario que intenta iniciar sesión non será capaz de ver a web.

23 de janeiro de 2008



Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país: * VIGO diante do MARCO* A CORUÑA no Obelisco ás 20:30 h.* COMPOSTELA no Toural* FERROL diante do Edificio da Xunta * PONTEVEDRA na Praza 8 de MarzoA Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres. ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!

22 de janeiro de 2008


Ola!
xa se me estan a acabar as vacacións,
estiven sin rede,
algunha que outra vez sen luz e ademais
e que perdinme entre a néboa de Castrelo de Miño,
tralas pesadas navidades;
pero xa tou de volta, cun montón de cousas que contarvos dende estas terras de néboas.
Voltei a provincia de Ourense e agora escribireivos dende o Telecentro de Castrelo de Miño, onde me espera un traballo que me ilusiona moitísimo,
unha vez máis,
dende a rede,
navegando dende a beira do Miño.
Graciñas pola vosa espera!

29 de dezembro de 2007

17 de dezembro de 2007

Stallman dixo hoxe:









Richard Stallman dixo hoxe: “Si queremos que a música vaia ben en España , debemos eliminar a SGAE”.O auditorio desfaise en aplausos, antes de que él explicase o porqué do seu razoamento: “O canon que se paga en España, e que vai para unha organización non gubernamental como ista destínase nun 7 por cento aos artistas; polo que cando aseguran que ese diñeiro vai para os artistas, esa afirmación é mentira nun 93 por cento”

este stallman eche caralludo!!!!

10 de dezembro de 2007


Lucía Etxebarria

publicado na súa columna de opinión do diario ADN

A la dignidad...

Ala dignidad desde la dignidad. ¿Es admisible que los profesionales de la Acción Social luchen por la defensa de la dignidad de las personas cuando la suya propia está siendo agraviada? Educadores, trabajadores sociales, integradores y psicólogos, que trabajan con menores, con personas sin hogar o con enfermos dependientes, han visto mermados sus derechos laborales en todos los sentidos, y no sólo el que respecta a su bolsillo mileurista.

Recientemente ha sido aprobado un convenio colectivo de Intervención Social que introduce unas mejoras básicas. Un convenio donde no se pide nada del otro mundo. Cosas tan simples como el derecho a recibir el sueldo completo en caso de enfermedad, igual que cualquier otro trabajador. Un convenio que ha sido impugnado por un importante número de entidades, pertenecientes al llamado Tercer Sector: empresas privadisisisísimas, en las que la Administración Pública ha delegado para la prestación de sus servicios. Empresas que alegan que no tienen dinero ni estructura para sufragar, con carácter retroactivo, la subida salarial que exige el convenio.

No sé ustedes, pero yo creo que prefiero menos chirimbolos, estatuas varias y obras públicas de dudoso interés y más dinero para los trabajadores sociales cuyos servicios algún día mi hija o yo podríamos requerir. Por eso creo que habría que apoyar la concentración que han convocado para mañana 11 de diciembre, a las 12.30 h., en la Puerta del Sol. Porque hay que garantizar la dignidad de los que garantizan nuestra dignidad.


29 de novembro de 2007

proxecto ríos

río arnoia. foto extraído de google imaxes

Por casualidade e gracias a travesía dun bo amigo din con este proxecto, e non dubidei en falarvos del, xa que entre todos podemos facer máis grande este proxecto tan interesante,
eu xa ando toliña con él e co
Barbantiño
.
Qué é?

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel nesta web. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.

¿Quen pode participar?

O Proxecto Ríos está aberto a calquera persoa ou colectivo que asuma o compromiso de levalo adiante: asociacións de veciños, de pescadores, deportivas, culturais, sociais, centros educativos, escolas de tempo libre, grupos familiares ou de amigos ....
Todo o mundo é benvido , teña ou non coñecementos prévios sobre os rios.

Ámbito xeográfico

O Proxecto Ríos abrangue toda Galiza, e dentro dela, calquera río de certa entidade que discorra nalgún dos seus treitos polo noso país