31 de janeiro de 2008


fai un par de meses, gracias a David,

o meu mestre en temas de software ceibe,

dei cun pequeno documental titulado:

?"Hacktivistas:los agitadores de la red"

que se emitiu fai un tempo na TVE na noite temática.



Para mín foi todo un regalo que acabara este video nas miñas máns,

pois espertou moitos, moitos insomnios compartidos con algún que outro amigo,

co que pasei as noites maquinando arredor de temas que aparecen reflectidos neste documental.



Un dos que sae falando no video, o fundador de Zapatistas online,

se mal non recordo, falaba a cerca de como él plantexou o seu manifesto,

a partir das ideas de desobediencia civil de Thoreau e activismo non violento de Ghandi.



Sí, foi aí onde escoitei falar por primeira vez, do libro de Thoreau:

"Desobediencia civil e vida sen fundamentos".

uns días máis tardes, recomendándolle este documental ao amigo Fer,

e falándolle de Thoreau,

él díxome que neses intres estaba a ler o excepcional " Walden".

así que non dubidei, en ir a procura destos dous pedaciños de verbas

sinxelas, rotundas e fermosas, coma as fotos que adoitan a colgar nos seus blos, bos compañeiros de insomnios como as costas de pau, ou chousa de alcandra.



sen dúbida,Thoreau, converteuse

nesa perfecta e fresca almofada que da cova os meus insomnios,

que da patria as miñas utopías.



E aínda que Thoreau chegou a este mundo fai máis de 170 anos,

as preguntas que se plantexou a cerca da fermosura que o rodeaba, a terra, os ríos, sobre o individuo, o estado e demais océanos;

é hoxe para min, ese bo amigo que te ensina unha ruta entre os carballos que non coñecía.



esta fin de semana estiven en Barcelona, no Foro Social Catalá, e alí, ademais de compartir cafeíño, con Salvador e Antonia, puiden observar como nas charlas que escoitei, estaba moi, pero que moi vixente as verbas que Thoreau crea nestas dúas obras mencionadas.



nada máis, só quería compartir con vós

?Este video aparece no youtube, dividido en 6 partes no enlace que vos indico!


:
A táctica Zapatista FloodNet é un Applet de Java que asiste na execución de virtual sentadas por recarga automaticamente o sitio web dirixido varias veces cada minuto. Ademais, permite aos usuarios publicar declaracións á web mediante o envío ao servidor de rexistro. FloodNet foi creado polo Electronic Disturbance Theatre membros carmín Karasic e Brett Stalbaum. Este grupo activista executado FloodNet en abril e decembro de 1998. O programa FloodNet só causará efecto desexado cando miles de usuarios que se rexistran en forma simultánea, na que todos as súas navegadores cárgase automaticamente e orientadas por sitio web de causa efecto desexado. Efecto desexado por mor de tanto tráfico no interior do servidor de calquera outro usuario que intenta iniciar sesión non será capaz de ver a web.

Nenhum comentário: