19 de fevereiro de 2009

desta árbore


Nestes días, díxeron que insomniorizar é unha desas árbores virtuais que non caen nin cun temporal de forza 8 coma o sufrido hai días, pois caer non cae, pero esta árbore, como vides observando dende o inicio do ano, anda ca raizame cara arriba.  O certo e que os folgos fallan para atar un corda e volver poñelo ben xeitoso, consultei a compañeiros, e vexo que andan máis ou menos igual, o Klaus, atacou tanto no Ribeiro, como no Sardiñeiro, como polas terras do Norte, o amigo blogovic xa deu conta do espíritu de apatía 2.0, e presenta os mesmo síntomas que esta árbore.

Nestes días miroo de esguello pola fiestra , non vai ser que me sinta culpable por deixalo secar, despois volvo a rutina diaria, dos 4 cafés coma mínimo e leo sobre a poda, revolvo no o furado da compostaxe para poñerme mans a obra cando teña folgos. Quizais hoxe sexa o día, non sei si acompaña a lúa,pero hoxe vai soliño; so espero que non sexa demasiado tarde.

 "En época de mentiras, dicir a verdade é un acto revolucionario" George Orwell. Nestes días, non esgotei o meu repertorio de historias que prantar, de feito, teño aljunhas gardadas dende fai meses que prometín sachar. Contarvos, máis cousas das xentes do Ribeiro, como Abel, un dos habitantes do Barbantiño, tamén do señor do saúdo permanente de Barbantes, da ruta dos Arrieiros e de Fonte Antiga, falarvos como non, do Barbantiño, do exilio forzoso de Castrelo de Miño, jaja!, comentar a miña cruzada contra o facebook, e moito máis agora, jejje. E como non , contarvos do crecemento da miña nova árbore na 2.0, a única que resistíu intacta ao temporal de forza 8, presentarvos o meu primeiro debuxo animado, feito co rejaliño dos reis.... Ou sen dúbida, seguir debatindo sofre os temporais, a desidia, e a apatía 2.0 que tan ben, como xa dixen antes, define o amigo blogovic.

Por certo, chousa e cuspe de pita,seino, tamen debo un lote de productos da miña terra, sexa do Sardiñeiro, sexa do Ribeiro, terei que ir preparando a cesta!

p.d: Graciñas jopiño, por dar conta desta árbore ferida, tamén a circoalienigena, por tantos folgos....e  proximamente falarei do facebook, jaja, que teño janas! ou do sentimento offline, ou....




4 comentários:

Anônimo disse...

DE VIAXE EN MADRID:

HOXE ESTOU NA RÚA FONCARRAL( O DE FUEN AINDA NON ME SOA DE TODO BEN)
ANDO CUNHA AMIGA DESAS QUE NOS BUSCAMOS A DIARIO EN CIRCULOS SEN ATOPARNOS ATA QUE UN DIA COLLES O FARDEL E TE PLANTAS NA CIDADE MÁIS HORRIBLE DO MUNDO- ENTENDESME SEGURO- 4 ANOS DESPOIS E É A MESMA PERO CON MENOS ACENTO DE VERÍN. A APATIA É A ANEMIA DO ANIMO. O FOLGO É UN COHETE E O FACEBOOK UN ENGANO...EU ESTOU TENTANDO DESFACERME DAS MIÑAS POSESIÓNS VIRTUAIS PARA ELEVARME A UN NIRVANA...EJEM QUE ESTOU DICINDO ELEVARME A QUE? DESCENDER A 10 ANOS ANTES CANDO EREA MÁIS FELIZ OLLANDO POMBAS DOURADAS QUE RACHABAN OS OLLOS DE PURITA BELEZA NO MÁS GÜEI..... MAMORIAS DUN ESPANTALLO QUE NON FOI Ó ANTROIDO E QUE TENTA DICILA VERDADE AINDA QUE HOXE DICILA VERDADE SOA CASE A MENTIRA...ESTÁN LOCXS ESTXS NEOCON.


1 BIKO E VARIAS RECOMENDACIÓNS:

1LIBRO: DESDE UNHA MESA DE CAFÉ DE PAULINO PEREIRO EN BAÍA ED.

1 PELI OU VARIAS: LA OLA, VALS CON BASHIR( SOE DEIXAR PEGADX NO ASENTO), ALMORZANDO CON SCOT(BREAKFAST WITH SCOT)

1CD: MADREDEUS ELECTRÓNICO

2 LUGARES PARA PALMA-LA DE GUSTO: TEATRO TA FANTASTIKA EN PRAHA E CASTRO BAROÑA (BAROÑA OU MORTE!)



1 BICO DENDE UN PERDIDO COMEDOR HARE KRISHNA EN LAVAPIÉS MADRID



CIRCO

Anônimo disse...

Moi boa a entrevista no Codigo Cero e ainda mellores as respostas.

Estes periodos apaticos penso que son do mais normal. As arbores tenhen que pasar duros e frios invernos, pero ao mellor na primavera volve a florecer cunha forza que nunca o fixera antes.

Por certo, moitas gracias polo rejalitu. A foto elexida tamen e unha das minhas preferidas, moi boas as montaxes ainda que creo que me quedo coa orixinal, esa luz do ceo entre as arbores encantame.

PS: Desculpade a ausendia de tildes, estou cun teclado injles.

kelpie disse...

pois si que nos gusta as galeg@s todo isto da internete, e sobre todo os días de chuvia, que non podes ir a parolar pola rúa e gracias a istos podemoslle facer un traxe a veciña sin sequera pisar o portal je je je , eu gracias a ti vou tirando deste blog, que inda que o lado do teu non é nada pero xa teño unhas cantas ideas para seguilo aumentando je.
aupa a internete, e que sex jratis para todos.

Chousa da Alcandra disse...

Ponlle música de Mago de Öz - La ciudad de los árboles; xa verás como colle folgos de novo.

E a cesta de produtos do Sardiñeiro ou do Ribeiro xa a pensarás para esa proposta-idea de nova xuntanza que tiñas en mente...qué che parece???