3 de junho de 2008

puño e letra de Xosé Vázquez Pintor

e Xosi dixo: ( co teu permiso)

"E para rematar, os versos manuscritos sobre os Pendellos que leu para nós Xosé Vázquez Pintor. Pedinlle a tarxeta coa escusa de que a quería reproducir no blog. Pero era mentira. En realidade quería arrebatarlla para gardala no cofre dos tesouros. Aí está baixo sete chaves. Mais para que non haxa queixas nin reclamacións, velaí queda como recordo dunha xornada para non esquecer."


134-texto-vazquez-pintor.gif

Eu teño no meu tesoro un pequeno cachiño dos pendellos pegados nunha táboa, e nesa táboa desprendese unha enerxía que enche as nostalxias de amorodos saborosos coma os bicos do Leo!

8 comentários:

Anônimo disse...

Vai camiño do Lestón unha brigada da SGAE para axustar contas, mais poderiamos chegar a un acordo se me cambias os versos polo bico do Leo, que eu esquecín de pedirlle un...

asbeirasdoarnego disse...

Polo que vexo, ben que che gustou a poesía de Pintor, buf... ten moitas máis, incluso ten libros, se me dalo teu correo eiche de mandar algunha vale?? Un Saúdo
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Daniel

insomniorizar disse...

Joé! estos de Melide como son!
pois nada, os da Sgae invitamolos a calamares en tinta, empanada de millo de sardiñas, bo viño do Ribeiro e tarta de mazá e xa, sen problemas!

Bueno, pois si hai que compartir o bico do Leo, eu comparto, así que si atopas un amorodo entre as pedras dos camiños, levao á boca, e xa, xa tes un saboroso bico do Leo!

insomniorizar disse...

Amiguiño Daniel!
como non, encantada de atopar o pintor en agolada, e que sexas ti quen me agasalle cos seus versos.

meu enderezo:
insomniorizar@gmail.com

Chousa da Alcandra disse...

Eu cachei a Xosi cando -a punta de argumento- conseguía sacarlle a Vázquez Pintor a xoia que agora ten gardadiña.

Bicos renovados!

Cuspedepita disse...

Creo que Xosi ten agora moitas envexas soltas arredor de si :-) Eu tamén ;-)
Bicos

Cuspedepita disse...

Eu tamén o envexo, quixen dicir :-)

Anônimo disse...

Paso da SGAE, que se hai calamares en tinta, empanada de millo de sardiñas, bo viño do Ribeiro e tarta de mazá, vou eu en persoa a reclamar...

Por certo, agradécese ser recibidos sempre neste blog polos arpexios de Starway to heaven, unha canción que, aínda hoxe, segue a parecerme un dos cumios máis altos acadados pola música rock...