2 de junho de 2008

I xuntanza de sorrisos blogueiros pendurados nas pedras dos pendellos de Agolada!



Pois a estas horiñas, todos estamos a verquer mil verbas na rede sobre a xuntanza do pasado sábado, e como non agradecendo toda a ilusión e afecto que os Pendellos nos brindou, un forte abrazo para Manuel, para a súa voz que todavía estará a percorrer os rincons da praza da Randulfa!


Cheguei a casa pola tardiña e tiña o peito, as mans , as verbas, tan cansas de ledicia,
estaba entusiasmada, chea de ideas e que si chego a ter un acceso a internet nese momento, estaríades hoxe lendo tres mil e unha tolemias soltas e a piques de afogar entre as 102 fotos que saquei.


A verdade e que me gustaría ser unha boa cronista para ir comentando todo o que alí compartimos, pero na relidade son charlatana e non cronista,
tan so dicir:
todavía ando excitada do noso encontro, todavía creo que non conseguín agarrarme a terra, e vexo a realidade dende unha perspectiva aérea tomada dende unha das sobreiras onde eu pretendía agochar para sempre aquel intre ca axuda de leo e o seu pai.
ou quizais ando pendurada da fiestra verde da Randulfa, que estaba aloumiñando as historias que ali se fixeron historia.
Quixera falar trampitan,
colarme pola porta verde do setimo andar e pintar as "fiestrelas" de azul,
atopar un fillo na galiza!,
argallar entre todos un blo colectivo onde pendurar as nosos sorrisos das sobreiras, dos carballos, dos castiñeiros,que acompañan os nosos días!
deixar verbas agochadas nas historias de cuco de pambre,que agocharan mil e unha noite de ledicias
ser zanfona e diva xigante no escenario, tan rotundamente sinceira
ou ter oído e mente musical para ser unha ente 11,
e como non,
ser xigante co meu sorriso, como o é Cuspe de pita, que asolagou as tristezas máis reconditas dunha alma insomne.
Quixera ser , quixera ser de agolada, para compartir tantas andainas blogueiras a diario cos rapaces de alí, e percorrer nas fins de semana o sobreiral, mentres Fátima, ou Daniel, ou David, ou manuel me contan fedellos para engadir o meu blo!

Quixera, quixera...
aaaah!
quixera volver atoparnos prontiño!

Ah, e non se me pode esquencer, que gran parte da fermosura das imaxes deste blo, bebense as marxes do Barbantiño, e das terras do Ribeiro, polo que quedades convidados a miña casiña, a estas terras entre carballiños, así que si tedes unha fin de semana para compartir conmigo e co Pablo, non deixedes de poñervos en contacto conmigo, e botamos un chapuzón na poza de ola!
insomniorizar@gmail.com



13 comentários:

Anônimo disse...

Creo que todos compartimos as mesmas experiencias na XUNTANZA que nos deixou "insomnes", sen que poideramos ir durmir ata intentar deixar constancia do vivido. Espero que aos poucos entre todos poidamos debullar o froito, laboura que resulta máis sinxela contando coas magnificas fotografías que compartes.
Esperando que o Barbantiño discorra manso e limpo, dicir que foi un pracer coñecervos a tí e a Pablo.
Verémonos no cume do Pindo. Apertas.

Cuspedepita disse...

Ti e o teu mozo sodes, para min, a lembranza máis agarimosa da xuntanza, Palmira :-)

Unha aperta para cada un.

Lapis-vermello disse...

Xa me din conta da foto. Eu non é que saia moi ben nas fotos pero.... hai que conformarse. Bicos.

Unknown disse...

foi un pracer coñecervos un pouco, compartir, que a vena creativa non pare nunca. No seguinte enderezo podedes ollar algunhas fotos do encontro

http://picasaweb.google.com/lvinhas6/Xuntanzablog

bicos

d´Agolada disse...

Quedáronche moi ben as fotos da xuntanza, a verdade é que che saíron moi ben, sobre todo as da ruta de sendeirismo, hai algunha moi fermosa. Unha aperta.

Chousa da Alcandra disse...

Todo un pracer compartir a vivencia dese día tan intenso e fructífero.
Eu fun máis vago coa cámara. Quería "beber" todo coa miña mirada.

Unha aperta para os dous

Anônimo disse...

Pois eu non me resigno a que esto quede aqui sin mais, ....TEmos que seguir falando, temos moito que contarnos, emos moito que escoitarnos, temos que pasear, sacar ftos, escribir poesias, seguir insonmes...porque ao dormir deixamos de vivir esta vida virtual...
De verdade que eu desfrute como un anano de todos vos, e si non participei mais, é porque tamen temos que estar algun pro detras pendentes de que non falta nada, e todo vaia ben, son as cousas das organizacions, xa sabes ti de sobra. PEro a min soupome a pouco e resultou como o bo viño,...que queres repetir outra copiña.
Esta maña, xa en Santiago Cuco e mais eu, falabamos deso mesmo, seguir en contacto e facer mais rutas....coñecernos...non sei estar xuntos para saber mais....Se se podo, claro....
PAra mi foi un dia moi fermoso. De verdade, GRazas, grazas, grazaas......

paideleo disse...

Graciñas polos bós momentos e pola túa alegría. Fareille lembrar a Leo a sobreira con trasnos aniñados nela.
As fotos son, coma sempre, de premio.

insomniorizar disse...

Ola a todos!
que dicirvos a todos, pois o xa dito e moitas moitisimas gracias!
Cuco de pambre, a verdá e que o pablo i eu estamos abraiados co agarimo que ti e a túa familia nos dades, igual de asmbrosa estou ca breve conversa que mantiven co teu fillo, e contoume, que el xa se iniciara nesto dos blos no ano 2003!!!Eu nesto da Internet a pesares de que traballo neste ámbito, todavía son unha principiante, pero non me aburro de aprender, ojalá tivera máis tempo!

Cuspe de Pita , que dicirte, queden fascinada ca sinceiridade do teu sorriso, sempre estan rindo!Desprendes unha enerxía vital moi poderosa, toda unha leción para os que a miúdo nos invade a tristeza sen motivos!

E a zanfona! Que noviña e que forte presencia desprendes, tan maxestuosa, tan teatral! Enches todo un escenario, e iso, é dificil para moitos, por moita preparación tetral e artistica que contenñan.

E chousa, q ilusión tremenda coñecerte! Agora ando desexando facer unha escapadiña para coñecer a túa terra! Eu, non son tímida, pero por exemplo, cando estou con moita xente, enmudezco un chisco e gustame esconderme tras dunha cámara!

Dägolada, graciñas, a verdade e q non ai q ser moi boa fotografa para retratar un lugar como o que nos ensinachedes!
Preciso, un locus amoenus xenial, un lugar perfecto para namorarse!

Ao pe do farelo!
a verdade e que con tantas enerxias, con tantas conversas, a penas nos deu tempo a charlas con todos ben, ben! A min me soubo a pouco tamén e quero máis así que xa podemos argallar unha nova xuntanza, ou ben compartir outro día de conversas! Eu apúntome!


Esa sobreira xa quedou na historia, ahí, tan presente entre tódolos blogueiros! Un bico para Leo, e para os seus páis, que teñen a doce encomenda de ensinarlle o mundo! Pai-de-leo, é exmplar a tarefa que fas, o mellor dos regalos que un pai pode facer a un fillo= a educación=a historia=as verbas

Luis, jo! moitas gracias polo libro, xa andiven a pendurar os poemas polas esquinas do meu cuarto! graciñas tamén polas fotos, e non dubides que non adique algun dos meus torpes versos a esa porta verde, ese cabalo verde para a esperanza!

Tamén dicirvos a todos, que onte cando estaba a subir o texto para o post, a wifi que andaba a roubar, desapareceu, polo que a entrada quedou sen terminar, así que hoxe ampliarei o que quedou atrás!
jejeje
Ah, e xa estiven a ver www.fillos.org
gústame!

Anônimo disse...

a verdade é que vivindo a par da fervenza do Barbantiño, levas osíxeno extra para a semana, e un mulido acolchonado.

Bágoa que agora teñas os pés das pontes do AVE ás costas.


Sigue animando a Castrelo, que o Miño hai un tempo case desmemoriado que lles encheu ata a gorxa o terreo.

vémonos por aí, se cadra comendo nas anguías, ou escoitando contos (de outr+s)


juanjo

asbeirasdoarnego disse...

P�sachelo benh e....? con xente as� de guay coma ti, da gusto estar. Un Sa�do
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Daniel

Anônimo disse...

Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Apertas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.

http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php

Vicente Montoto, autobiografía.

Anônimo disse...

lembranzas de pendellos e auga viva que mesturábase na praza d'agolada, momentos e verbas capturados polos ollos dixitais de bágoas insomnes

foi un empurrón de ilusións estar alí con todas vos, ilusións para plasmar as miñas tamén nouto blo irmán dos vosos

así que algún día non moi lonxano atoparémonos nos insomnios do barbantiño

:)