5 de junho de 2008

camiño a casa

que tantos misterios e esconde o camiño a casa?
que peso ten o tempo cando camiñamos cara a casa?
que decisions tomamos camiño a casa?

21 comentários:

d´Agolada disse...

No camiño á casa pódeche suceder de todo, que che ocorrerá? non o saberás ata que che pase, iso é o malo. Bicos.

Cuspedepita disse...

Camiño á casa vexo a vida doutra cor :-) e o tempo deténse ata que chego.
Penso, penso e penso (cando me deixan) mentres soa a música de Radio As Nogais, que pon sempre o meu fillo.

Chousa da Alcandra disse...

Sempre resulta relaxante o camiño á casa. Ainda que voltes canso e tenso (estresado, que se di agora). Se o pasaches ben, pois polo que ten de rebobinado e disfrute do momento; se o pasaches mal porque saes da espiral esa e volves ó descanso, á desconexión...

caro disse...

Camiño á casa quédame pouco espazo para pensar, tódolos meus sentidos están postos en non atropelar ao peón que atravesa a rúa sen avisar e o ves aí mesmiño, ao carón do coche, que parece que se quere suicidar; en non mover nin un chisco o pé do acelerador aínda que teña a un macarra con dobre tubarro pegadiño ao cu; e por suposto a non saltarme os semáforos en vermello, ao que teño tendencia (por despiste mais que nada). É o que ten a urbe.

Lapis-vermello disse...

puf q mareo .bICOS

asbeirasdoarnego disse...

Nunca se sabe o que ocorrera de camiño a casa, de camiño a escola ou mesmo de camiño o ceo, mirame a min que me ocorreu, perdin o norte e agora ando ó revés, en vez de estudiar, aquí estou

Pau disse...

Pois so pasaba a saudarte e a ver as fotos da quedada. Moitos bicos

Unknown disse...

Recorrer todos os camiños, volver á casa e velo todo como se fose a primeira vez.

Gardar en nós sempre a ledicia fonda e fresca do camiño.


Un beijo fondo e fresco da Mariola de cores :)

insomniorizar disse...

UF! CARO, ANDAS ESTRESADIÑA! JI, E O Q TEN VIGO!tES QUE CUBRIR O CAMIÑO A CASA DE VEDE PRONTO, OU E NON SEI, CALQUER DÍA DESTES....



eU DE CAMIÑO A CASA SOÑO O Q POLAS NOITES INSOMNIO.
SOÑO QUE VIVO en todalas casiñas que a miña vista alcanza, que convirto as fincas as beiras de carretera nunha gran horta con tódolos veciños, soño co que vou facer nada máis chegar a casa, voo polo ribeiro, e soño con 3512 utopias e incrementando día a día.

Bueno, todo isto se volvo a casa de día, por que si po camiño a casa faise noite, entón teño q por bo tino, e abrir ven os ollos, deixar de soñar, poara non atropelar as ras que adormecen no camiño de volta a casa, ou os xabarís, os as culebras...

Anônimo disse...

Camiño a casa......refuxio canso, silencio da voz cansada, sons do vento certo, na alborada.
CAmiña a casa, sentado no vagon do tren que bota fume na fuxida do pasado.
CAmiño a casa, derrotado.
Busco o camiño a casa, na procura doutro tempo, do meu pasado esquecido, da infancia estragada.
CAmiño a casa, fin do viaxe, parada e termo do ocaso, da cometa fuxida entre as mans do vello engañado....
Mentira, non hai camiño, non hai casa, non hai refuxio, non hai esperanza.....

vermella disse...

Camiño a casa ca seguridade leda de saber que alí está todo o que quero.............
Isto decíao miña nai e ti recordachesma.
bico

V disse...

Si eu pensase tanto de camiño a casa, de seguro que me xa me confundía e acabaría en calquer outro lugar.

V disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
insomniorizar disse...

Pois que razón tiña a túa nai vermella, eu sinto o mesmo!

Jeje, frida!
vexo que eres despitadilla coma min!
Eu non é a primeira vez que collo o coche pa voltar a casa e na rotonda a saída do traballo, volto aparecer na porta do traballo!
jejeje
así son as cousas!

d´Agolada disse...

Teño unha proposta para os participantes na Xuntanza, pásate cando queiras polo meu blogue e dime que opinas. Por certo, en breve esa mesma proposta estará tamén en blog-xuntanza.
A mencionada proposta atópase dentro da entrada: Elos, todo un blogue.
Ogallá che guste.
Un saúdo.

Anônimo disse...

ola palila...como segues? un bizko(...un corvo e unha bruxa fan un conto de medo)

28 de xuño festas en sam pedro e orgullo lgbt

Anônimo disse...

hago desde aquí mi apoyo a UXÍO NOVONEYRA , ya que no se me permite desde la página de apoyo, le he intentado bastantes veces, en serio, en galego, claro.
Biquiños ;-)

Cuspedepita disse...

Eiiiiii, Palmiriña, que folgazana estás feita!
Cada pouco paso por aquí, pero nada, Palmira segue de vacacións...
;-)
Se fora así, que as aproveites.
Nada máis quería deixarche un bico ;-)
Por certo paga a pena vir anque non sexa máis que para escoitar música...

Cuspedepita disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
LM disse...

chegar a casa tem um olor especial...

d´Agolada disse...

Huy huy, levas xa máis dun mes sen publicar, logo queixaste cando che boto a bronca jajaja feliz verán. Bicos