11 de março de 2008


o que separa a estas duas fotos é:
o curso do Miño
as pegadas entre as cepas
un par de horas
un bico
uns sorrisos de esguello
a identidade olvidada, asolagada
as xentes que viven nestas terras de viño e laranxas autómatas
...
a vida e a morte separan estas dúas fotografías,
andaba a capturar o ceo máis sinceiro deste inverno ese un de maio,
e cando cheguei o final esperábame a morte reflexada no fondo das augas onde esta historia deu comezo.

De camiño as orixes, o ceo móstrabase por primeira vez, a súa totalidade
mostrabase fermoso coma as historias que as xentes da nosa terra contaron de ti, o día no que te atopei as mans frías coma nunca.

agora, dende estas terras do ribeiro, non podo olvidar o picho do barril de ribeiro co que xogaba de nena, non poido olvidar as túas máns verquindo costeiras.

o que separa estas dúas fotos é o ceo, onde as túas mans andan a traballar construindo unha identidade que xa ía case esquencida entre o vermello das paredes.


4 comentários:

Anônimo disse...

alí quedaron os mortos, e as súas vidas, e os recordos, que son a vida dos vivos. alá no fondo do río. noraboa polo blog e saúde dende amoeiro.

insomniorizar disse...

ola manel,
se somos veciños!
veciños xeograficamente, e dende agora, veciños de Blo!
un saúdo dende O Viñao,
vou visitar agora mesmo o teu muíño do tempo!

Xose disse...

ese puente de hierro, esa Iglesia de Santa María de Castrelo, donde tengo enterrados a mi abuelo y a mi padre. Esas tierras bajas, cerca del río, robadas a mi abuelo, sus más fértiles tierras con la construcción del embalse en 1969. Que pena y a la vez que envidia que puedes estar en esa zona cada dia. Yo llevo más de 20 años viviendo fuera de mi tierra.

insomniorizar disse...

encantada de atoparnos pola rede xosé!

A verdade e que todolos dias sintome moi afortunada de traballar nun entorno así, e non dubides que irei poñendo algunha que outra foto máis destas terras.

Por certo, non deixes de visitar a web www.castrelo.org, na que poderas atiopar un montón desas imaxes que te farán nostalxiar!