13 de março de 2008

entre os vivos e os mortos

5 comentários:

Anônimo disse...

O Poder do Dragón

Nun triste e escuro día
un dedo enfurecido
atopou a distancia
afundida no olvido,
un golpe traizoeiro,
un mundo enmudecido,
o corazón queimado
dun pobo mal ferido
que ve como o dragón
asume o poderío.

A vida sofre insomne
o látego asasino,
a fame faise dona
dun vello desvalido,
un neno abandonado
chorando o seu destino,
unha nai impotente
rasgándose o vestido
que ve como o dragón
sostén o poderío.

Un cárcere calado,
un home sen sentido,
un carro de combate,
a nave sen mariño.

Un fusil levantado,
un desaparecido,
o paredón da morte,
co sangue no camiño
que ve como o dragón
demostra o poderío.

As gorxas que se funden
buscando o ser querido,
a liberdade aclama
o tempo xa perdido.

Cos puños sempre ergueitos
o pobo enaltecido
esperta dese inferno
de loita adormecido
e así vese o dragón
perder o poderío.

ALEXANDRE NERIUM

insomniorizar disse...

Anegou de tristura o mar a poza...
Vogou da bruma o cego desconsolo
até desalcanzarte.
Cuspiu a sede toda que enviara
unha tarde sen ás feita xaneiro.
Coas poutas de alimaria
sen afiar, aínda
vén descunchar da noite o teu poema.
Non o soubeches.
Levoute nel tras irse coa resaca.
Nin sequera o pensou...
saber que despetaras para sempre.

Alexandre Nerium

Draciñas circoalienigena polo abrazo atlántico que deu de mamar o traballo que meu avó deixou para nos.

Gracias tamén a Alexandre e a súa familia, polos seus ollos cómplices e sinceiros, polos cafés, e por estár alí sentados, fitando como as mans frias tornaban amarelas como o enferruxamento dos anzois.

Anônimo disse...

Ánimo,eu tamen sufrin pérdidas de este tipo e sei ben o que se sufre.

"No son los muertos los que, en dulce calma, la paz respiran de la tumba fria. Muertos son los que tienen muerta el alma y viven todavía. No son los muertos, no, los que reciben rayos de luz en sus despojos yertos. Los que mueren con honra son los vivos. Los que viven sin honra son los muertos. La vida no es la vida que vivimos, la vida es el amor y es el recuerdo. Por éso hay muertos que en el mundo viven y hombres que viven en el mundo, muertos".

Anônimo disse...

que razón teñen as palabras que anónimo verquiu nestas augas!

tes razón, o meu avó é desos mortos que viven no mundo, nas verbas dos que beberon do viño que tan ben servia o meu avó.

O lestón vive nas historias de tódolas mulleres e homes que día tras día, vides a contarnos as historias que o lestón acompañaba cos pinchos de tortilla!
Graciñas a todos vós, por que o Lestón sen dúbida vive no mundo!

as bagoas insomnes

Anônimo disse...

Vivirá sempre, querida Palmira, pois o seu exemplo permanecerá nas nosas retinas indefinidamente. O teu avó tivo sempre as virtudes que definen ás persoas de ben. O seu talante, a súa calidade humana e, sobre todo, a súa bondade infinita farán que nunca nunca os que tivemos o privilexio de o coñecer poidamos olvidalo. Se existen no mundo persoas con altura moral, o teu avó é, sen dúbida, unha delas. Así que moito ánimo que a viaxe tan só é de ida. Volverémonos encontrar con el nalgún lugar da casa que hoxe somos.
Biquiños a toda a familia.
Modesto