Pois xa tou plenamente instalada por estas augas, polas súas néboas. É un pracer cando aí, a media mañá vou cara o traballiño, acompañada da corrente do Miño, no coche, escoitando a Andrés Dobarro e o tren; e xa cando chego a San Paio,non dubido en parar uns segundos , para ver a inmessidade das augas, e dende hoxe, tentar albiscar a anguía da picaraña.
Si, sí, por que en Castrelo de Miño, temos mostruo.Non temos, nada, nadiña de envexa, nin de vergoña en dicilo.
Hoxe, o compañeiro Alfredo, chegou co recorte do periódico, dun diario xa desaparecido en con data de 17 de outubro do 1990. Si, sí, verídico! así pois extraín algúns pedaciños da nova:
Segundo a opinión mantida contra vento e marea por Suso Conde Cunqueiro, e avalada por numerosos veciños do lugar, entre eles afamados pescadores históricos de anguilas, como o mesmo Suso Conde, das profundidades abismales do embalse de Castrelo de Miño, emerge nas horas máis escuras da noite para ocultarse aos comezos do alba, un telúrico espécime semellante a unha enorme anguila dun tamaño tan desproporcionado e estraño, a tenor da impresionante oleaxe que producen os seus movementos que leva a Suso Conde, experto coñecedor de todas as beiras do embalse, a considerar esta bicha _ un dos múltiples nomes dados_, como un verdadeiro monstro mariño, semellante aos que anidan na imaxinación soñadora do noso atávico orixe ancestral conectado directamente á prehistórica existencia animal da que todos procedemos.
“este foi un detalle de fai uns vinte e pico anos, de cando cubriron o salto. Meu avó, diuselle por ir sacar uns postes a veiga, e foi o detalle, de que no cruceiro cóllese o camiño para as veigas, e o chegar abaixo levaba un pico na man para desenterrar os postes, para que non quedaran atorados pola auga. E entón foi o detalle, ve a ánguila da picaraña, mandalle a picaraña a cabeza, e a anguía empeza a correr polo camiño abaixo, polo río abaixo.”
“A anguía era tan grande que meu avó comentouno a todo o pobo, e tamén a viron logo máis xente. Meu avó quedou abraido polo tamaño da bicha, e iso que o meu avó non se sorprendía por esto de calquer maneira, xa que que él foi pescador de anguías toda a vida”
En canto o tamaño dicía: “ eu que sei,… sobre catorce ou quince metros de longo, e de ancho ten unha cabeza como o ancho das nasas máis grandes”
A picaraña, que leva cravada hoxe día na cabeza, ten ó mango partido á metade visto polos propios ollos de Suso Conde e afirmaba que o mango xa ía comido polo auga.
foto extraída de: trisquel.worpresss.com
debuxo de : contossolidarios.org
10 comentários:
Como todos os troiteiros saben, hainas moito máis grandes!!!
Pois nada, hai que promocionar esto a nivel turístico como fan en Escocia con Nessi.
A ver si vai ser o primo de Nessi
TODO O NATURAL É CONTRANATURA E SE NON QUE LLO PREGUNTEN A FRANKIE...FRANKESTEIN...O NOVO PROMETEO QUE MORREU ANTE UNHA TURBA DE NORMAIS PAISAN@S
Se ves algunha carpa do embalse das conchas baixando de Bande cara Entrimo e Lobios, botariaste a rir comparandoa coa tal anguiliña (esta ultima por pequena).
Unha aperta.
ui, ui!
vexo que aiche pique e todo!
jeje, encantame!
parece que esto da tensión favoreceme!
jejeje
Pois cando pase por eses lares, non dubidarei en ollar para os lados, a ver se albisco, señor druid!
vexo que estas terras, e estas augas andas cheas de monstros e demáis mascotas!
Señor Druid o aparato...
Sra... ¿bogoadora? responda....
raio.... ¡este aparato non vain!...
Se por mazas e, vente desde castrelo ata ponteareas, que non hai tanto, e cando sexa epoca delas, levas unhas cantas.
Pd. Teño moitos amigos por esas terras.... pescadores case todos... (e non de cervexas o fin de semana, que tamen).
Segue você de dinamizadora? Se cadra antes duns meses temos oportunidade de nos conhecer. Unha aperta.
Bagoas por outros panos de man?
Nunca había escuchado esta historia y me parece divertida, cada región tiene sus propios cuentos y este en particular le queda muy bien al Miño. Había que pillar a la anguila para comerla en la fiesta de la anguila :D
Por cierto, gracias por el guiño a mi blog, aunque ahora ha cambiado de casa. Que agradable sorpresa la de encontrarme esa foto por aquí.
Maryjoe.
Postar um comentário