sempre o dixen,
dende fai ben de anos;
que non se poden dicir certas palabras ou denostar certas accións,
por que despois ,
por algún motivo de xustiza máxico-fedella,
todo vólvese cara tí,
e así o que unha vez negaches,
hoxe convertese en afirmativo presente,
ou neste caso a palabra que pronunciaches
faise protagonistas dos teus pasos nos vindeiros días.
ABANDONO
ALGÚNS XA PENSARÍADES QUE o anterior POST ERA O DERRADEIRO,
DESPOIS DE TANTOS DÍAS SEN SABERES DE MIN;
ATA ALGUN PENSOU (con razón)
QUE O POST ERA FRÍO DEMÁIS PARA UNHA DEPEDIDA,
DESPOIS DE TANTAS VERBAS E MOITOS MÁIS PÍXELES COMPARTIDOS.
Non, non, non abandonei polo de agora este insomnio,
máis cumpriuse o "post";
abandonei a miña vida en noite;
tamén o meu insomnio edénico que é o meu fogar no Viñao ( aínda que so por dous mesiños)
e abandonei tódalas nostalxias da miña volta a Galiza da que xa se cumpriu un ano,
aquilo xa queda lonxe,
agora teño novas noltaxias!
encantame nostalxiar!
Novo traballo, novo horario, nova cidade, novos proxectos, nova estación.
pois a pesares dos abandonos,
iste insomnio continúa,
por un par de meses dende a cidade de Oza.
9 comentários:
Gústame ese verbo: nostalxiar.
...hai prsoas coma ti que converten os abandonos en novos procesos e proxectos cheos de vida e de ledicia, os abandonos están para enchelos de de sorrisos, como os teus..un biquiño guapa¡
Pois benvida de novo a cidade dos "nenos"
eu nostalxio
ti raposo nostalxias
i el nostalxia.
encantame nostalxiar para coller forzas e camiñar relaxadamente.
a nostalxia axudame a saír da rutina que por veces o invade todo, axudame a non esquencer quen son eu e de que lugar veño.
a nostalxia axudame a ser máis creativa no mañá
e para lavapies e pau, un bico enorme, por atopalos nos cruces de camiños da cidade dos nenos.
Encántame a maneira que tes de debuxar nostalxias...
Pasate polo meu blog que teño un recado para ti.
Postar um comentário