O panorama nas nosas cidades é hoxe en día desolador: as rúas convertidas en couto privado dos automóbiles, cos demáis usuarios da vía pública acantoados, fuxindo do perigo. Motos a escape libre, bocinazos, atoramentos, as beirarrúas empregadas como aparcadoiro. Autovías, circunvalacións que actúan como barreiras, foxos infranqueables que desconectan barrios. A función orixinal da cidade como espazo socializador, de intercambio cultural e interacción humana vese afastado no medio do caos circulatorio. O peón e o ciclista son especies ameazadas, en perigo de extinción. ¿Que podemos facer?
Temos que ser conscientes da pegada ecolóxica que conlevan as nosas necesidades de desprazamento, dos custos ambientais e sociais que representan. Temos que avaliar a realidade desas necesidades e o xeito de realizalas co menor custo posible. Temos que recuperar a nosa centralidade como parte da cidade, desbotando o coche, e a actitude que representa, do noso xeito de vida. Temos que recuperar as rúas, as prazas, a convivencia, o xogo na rúa. En definitiva, temos que rehumanizar as cidades. Un elemento fundamental nesa humanización son as posibilidades que ofrece a bicicleta.
Máis a bicicleta non é unicamente un medio de transporte, é un elemento socializador, de saúde, liberador, divertido, que ademais contribúe a túa mobilidade. É o instrumento fundamental para dar un xiro radical as políticas urbanísticas e convivenciais das nosas cidades e vilas e, integrada co transporte público colectivo, solucionar os problemas que o automóbil particular está a ocasionar na nosa sociedade. Supón unha actitude vital, de respecto ao medio ambiente e ás persoas.
Por todo isto, o vindeiro sábado 22 de setembro celébrase a 1ª Masa Crítica Galega. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel! .
O programa provisional de actividades é o seguinte. Agás a hora e lugar da Masa Crítica, o resto das actividades poden sufrir algunha modificación.
11:00 - Obradoiro de mecánica e decoración reivindicativa da bici. Poderás axustar a túa bici e decorala.Traede ideas e materiais para compartir!
12:30 - Masa Crítica Galega. Sairá as 12:30 e faremos un percorrido devagar polas principais rúas de Santiago.
14:00 - Xantar Colectivo. Sa hai bo tempo cada quen pode traer (se quere) algo para xantar/compartir todos/as xuntas no Parque de Bonaval. Se o tempo non acompaña procuraranse outras opcións (iremos informando)
17:00 - Proxección do Documental Return of the scorcher (v.o. subtitulada ao galego) que describe os inicios do "movemento" da masa crítica en San Francisco nun centro socio cultural da cidade.
18:00 - Mesa redonda coa participación de representantes de grupos de ciclousuarios/as participantes sobre a situación da bici en Galicia, futuro etc.....
3 comentários:
Falan de vostede no xornal Galicia
Hai unha adicatoria para vostede no xornal Galicia Hoxe, nal gún lugar...
Interesante e necesaria iniciativa.
Esperemos que o tempo acompañe.
Postar um comentário