26 de abril de 2007


grazas por tantas verbas verquidas os mércores pola mañá, despois da noite insomne, porque son preludio dun amargo café verde e catro jalletiñas maría, por que son preludio da volta a casa, para durmir cando todo o mundo esperta,. Graciñas pola humidade das fotos do teu blo, e polas verbas, as bonecas, as nostalxias. un bico sinceiro

Um comentário:

Moralla disse...

Ola bonita. Acábasme de deixar xélida. Non, grazas aos que me ledes. E agora mesmo, grazas a ti, nena insomne que tes a sensibilidade dun paxaro erguendo ás de fotógrafa envolta nas areas de Fisterra, anxo que durme sobre sorrisos infalibles sen ningún tipo de derrota. Eu tamén che mando bicos salgados e honestos dende a pedra e as torres.
Moralla-yoli :-)
GRAZAS
(dorme valiente!prometo non molestar!)