28 de março de 2007




distancia
co
tempo
esquecido

8 comentários:

Marcos Valcárcel López disse...

Vexo que andas estes días por lugares ben fermosos. Por certo, hai bastantes anos, creo que fun eu quen vos levei, por vez primeira, polo canón do Sil e Santo Estebo: daquela non houbera tempo para achegarse a esa marabilla que é Santa Cristina. Curiosas tamén, xoguetonas, as fotos.

insomniorizar disse...

Pois sí, non penses que o esquecín. Coñecín esta terra fai xa tempo (que rápido pasou e cantas cousas aconteceron)da túa man. Fomos a Santo Estebo, que aínda non era parador e non puidemos entrar, pero si na súa igrexa, na que facía moito frío e ti nos comentastes unha morea de anécdotas do lugar, ata creo, se non me equivoco, q conversaramos co párroco.E no ceminterio que hai xusto diante atopamos unha lápida co meu nome e apelido.

Agora, dende aquela, xa tiven oportunidade de coñecer San Estebo máis de preto, o seu interior e tódolos ricóns xunto cas historia que me conta o meu irmán Chichí.Recordo esa viaxe cada vez que paso pola praza do ferro.

Foi contigo, e tamén ca Eire e a María,como empecei a interesarme por estas terras que hoxe me acollen.

Pensei que nunca atoparía un lugar no que estar tan a gusto como en Sardiñeiro, no Rostro, no Talón..., e cousas da vida, ajora planteome quedarme nestas terras e comenzar a vivir a vida que sempre escribín nos contos que lía de ben meniña.( escribía historias paralelas entre os renglóns, nas que eu era a protagonista)

Pasear polas aldeas perdidas de Ourense co meu vestidiño vermello recordame moito o conto de Matrionuxca, sen dúbida o que máis me marcou.

santa Cristina unha delicia, pero tamén San Clodio, Tourón,Punxín, arredores do Arenteiro, Leiro, Vilaverde, Requeixo de Valverde,Parada do Sil, Cabo do mundo, Allariz...¡estou como na casa! só me falta a empanada de mazá da miña avóa Ana.

Un saudo para todos e graciñas por tanto tempo compartido

Torreira disse...

E moi fermosa toda esa terra,acabas co teu coment de levarme outra vez de excursión...xa ule a mencia.Bico (fermosas fotos)

Raposo disse...

Recantos con encanto, naturaleza espida, a man do home nas pedras.
Fermosos lugares, sen dúbida.

Anônimo disse...

nestas terras non temos o encanto do mar nin a forza das mareas... pero hai unha maxia que te envolve vaias a onde vaias. eu non a sei explicar, só sei que é algo que me fai volver sempre ao interior. o interior da terra, o interior da alma... e por riba temos o mellor o entroido, non si? jejeje pois nada, ti goza e coñece esta terra, ela xa te adoptou!

Moralla disse...

Estás perdida......nas túas lembranzas insomnes cor sepia....

Anônimo disse...

sorte de quen tes preto...
eu preciso un bico teu para seguir soñando...a distancia non pode contigo,dende bcn, ás burgas ou ó vagon das arañas polares, sempre estas preto. tan preto q estas dentro, intrínseca á miña vida.
és o meu leucocito preferido.
quérote insomne

insomniorizar disse...

sí, xa o dis tí, tes razóm altre narai, estar nestas terras é como unha viaxe o interior das terras, das entrañas, a búsqueda do máis simple de min mesma, a busqueda da auténtica palmira, a que lía e relía o conto da Matrionuxca,o conto das bonecas unhas dentro de outras.

estas terras están a buscar o elemento máis básico de min, quizais o primeiro gran. E tou encantada, de que sexa así, de pasear polas carballeiras escollendo a boa madeira como facía o mestre bonequeiro do meu conto favorito.

Por certo torreira, un pracer para min levarte de escursión, cantos máis sexamos,mais perspectivas e máis mencía que compartir.

A raposo, dicirte que o outro día no alto de pena Corneira, atopei a casiña dun dos teus, máis non había ninguén nese intre.

Moralla, unha vez máis, unha aperta enorme e aínda que estes días ando escasa en verbas, tou aí.

e nenonino, que dicirte, dame a sensación de que estamos ben, pero ben lonxe.e ata me parese unha eternuidade a distancia que separa entre a miña estancia en barna e hoxe. dicirte q voto moito en falta as conversas e sobre todo os teus mimos. un bico persebiño