28 de fevereiro de 2009

por un soño


Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
 Fun a vivir ó medio do monte, puxen unha horta e aos meses de estar alí alguén me regalou Walden. Non tiña internet, aínda que a diario traballaba ensinando a outros que era esto da rede, dos blogs e das redes sociais. Como boa profesora, pasaba horas lendo cousas para contarlles, comentando nos seus blogs e fun deixando atrás insomniorizar. Un soño? sí. Foi un soño vivir no Ribeiro, nunha casiña para min soa, a miña horta e un montón de xente que gostaba do meu traballo.
 Insomniorizar sempre estará aquí, para de cando en vez ler e darme conta que tiña un montón de erros propios dunha disléxica compulsiva, observar que aínda non tiña a manía persecutoría de xustificar tódolos textos que escribo ( vedes este como o escribo no 2012 x está ben aliñadiño e xustificado), descubrir cousas de min que xa tiña esquecidas e ler comentarios de xente moi riquiña que atopei neste blog. 

Pasei un tempo á sombra na rede, agora se gostades podedes seguir a miña pegada aquí.

(Texto actualizado no 2012)

19 de fevereiro de 2009

desta árbore


Nestes días, díxeron que insomniorizar é unha desas árbores virtuais que non caen nin cun temporal de forza 8 coma o sufrido hai días, pois caer non cae, pero esta árbore, como vides observando dende o inicio do ano, anda ca raizame cara arriba.  O certo e que os folgos fallan para atar un corda e volver poñelo ben xeitoso, consultei a compañeiros, e vexo que andan máis ou menos igual, o Klaus, atacou tanto no Ribeiro, como no Sardiñeiro, como polas terras do Norte, o amigo blogovic xa deu conta do espíritu de apatía 2.0, e presenta os mesmo síntomas que esta árbore.

Nestes días miroo de esguello pola fiestra , non vai ser que me sinta culpable por deixalo secar, despois volvo a rutina diaria, dos 4 cafés coma mínimo e leo sobre a poda, revolvo no o furado da compostaxe para poñerme mans a obra cando teña folgos. Quizais hoxe sexa o día, non sei si acompaña a lúa,pero hoxe vai soliño; so espero que non sexa demasiado tarde.

 "En época de mentiras, dicir a verdade é un acto revolucionario" George Orwell. Nestes días, non esgotei o meu repertorio de historias que prantar, de feito, teño aljunhas gardadas dende fai meses que prometín sachar. Contarvos, máis cousas das xentes do Ribeiro, como Abel, un dos habitantes do Barbantiño, tamén do señor do saúdo permanente de Barbantes, da ruta dos Arrieiros e de Fonte Antiga, falarvos como non, do Barbantiño, do exilio forzoso de Castrelo de Miño, jaja!, comentar a miña cruzada contra o facebook, e moito máis agora, jejje. E como non , contarvos do crecemento da miña nova árbore na 2.0, a única que resistíu intacta ao temporal de forza 8, presentarvos o meu primeiro debuxo animado, feito co rejaliño dos reis.... Ou sen dúbida, seguir debatindo sofre os temporais, a desidia, e a apatía 2.0 que tan ben, como xa dixen antes, define o amigo blogovic.

Por certo, chousa e cuspe de pita,seino, tamen debo un lote de productos da miña terra, sexa do Sardiñeiro, sexa do Ribeiro, terei que ir preparando a cesta!

p.d: Graciñas jopiño, por dar conta desta árbore ferida, tamén a circoalienigena, por tantos folgos....e  proximamente falarei do facebook, jaja, que teño janas! ou do sentimento offline, ou....




30 de janeiro de 2009

5 de janeiro de 2009

Hoxe noite de maxestades ando nerviosa e non durmo!


Pois xa está, xa se foi o 2008!
 A verdade e que ultimamente xa lle tiña aljo de manía o ano par este, e dende comezo do nadal ( que repito, non me justa nada nadiña) andaba con ansiedade por cambiar de ano.
 Serei parviña, como si zas!, o cambiar de ano, mudaran as cousas e todo foxe brillante como as pozas conxeladas do Barbantiño neste días.

A verdade e que a pesar de todo o 2008 foi o ano que máis colgada desta rede andiven, fose polos motivos laborais ou por ocio, se boto contas, estiven a metade do tempo navegando por estes ríos, e da outra metade que me queda estiven  bastante, Miño arriba, Miño abaixo, un chisco moi pequerrechiño nas augas das pozas de Tourón, 0 nas augas atlánticas e máis do que nunca pensara, despedíndome nos cementerios.  

Ahhh, pero tamén estivo a Xuntanza en Agolada, que tantos folgos me deu e me sigue a dar,  este ano foi tamén o dos/das alumnos e alumnas da miña aula de Castrelo de Miño, que viven con tanto entusiasmo como o seu alcalde esto da internet,os blogues, e a fotografía e dende fai días o feixebuk ( eu polo de ajora señores e señoras non me atoparán por eses lares).
E ooooooooooooooooooooooohhh!  Mimadriña, tamén, sí, tamén foi o ano das entradas, dos post, da web 2.0 da camara de fotos nova, así pois escribín non so dende o insomnio, senón tamén no Restaurante Lestón, en Castrelo de Miño, en Leiro, na Rede de Dinamización, contei moitas destas cousas da rede no Enrédate, dinlle vidilla ao Picasa 3, tolei e namoreime do Ubuntu, aprendín das maravillas do software libre co Brenlla e co Victor, compartín horas de traballo con Tamara, Bárbara e Víctor entre outros.

Ai, moito moitos contidos para unha cabeciña tan dispersa como a miña, estresada andiven con tanta leria, que si o flocos, que si o zeembo, que si os fillos, e o panoramio, e mimadriña o Reader que aljo de tempo me aforrou....ai unha casa chea !

E que dicirvos, como rematei o ano....
jajja,
  •  pois creando un novo blogue co que estou moi  ilusionada, e que pronto vos presentarei.
  • Pedíndolle os reis unha tableta gráfica para debuxar e fedellar todavía máis cas miñas fotos e crear aljún que outro dibuxo animado.
E sabedes como o empecei, jajajjajaja
  • Por fin, dedicandolle tempo a miña conta de flickr, jajaj ajora ando enjanchadiña por eso as veces me vedes pouco ou caladiña polo blogspot. Uff, pero hoxe non paro eh! Mira que falo e falo, jejej debe ser que estou nerviosa por que é a noite de reis, e teño máis insomnio ca nunca.
Ai, que caerá na miña friestrela!

Boa noite a todos e a todas, xa me contaredes que vos trouxeron!
Ah! e bo anonove!

23 de dezembro de 2008

Bo nadal e coidádevos da friaxe!


as bonecas son o meu maior tesouro, regaliño dunha boa amiga, esta son unhas de moitas, moitismas!. Graciñas Maruja!

18 de dezembro de 2008

13 de dezembro de 2008

Nenos xardineiros no Sardiñeiro


Hoxe cando cheguei a miña casa, na que nacín, en Sardiñeiro, un sos meus sobriños, o Brais, veu correndo a min dicíndome co seu falar fisterrán, "osnenosdesardiñeirosomosxardineiros. Mima, que dis?, lle dixen eu? Que os nenos de sardiñeiro somos xardineiros!, explicábame mentres me daba un recorte do xornal deste pasado xoves. E si era certo, na nova saía o meu sobriño e unha prima, María, no cole de Sardiñeiro, no que estudiei eu a EXB. Os nenos do Sardiñeiro e os seus profesores andan a sachar no patio do colexio, un pedazo de terra e de aromas. JOOOOOOO! iso era o que eu quería cando era pequena e recordo que un profesor unha vez dixo que o íamos facer, e nada, nunca chejou, o único relacionado, o máis parecido foi plantar unha faba nun vaso de iogur de Chambursi. Jeje, tamén recordo que unha ves pedinlle unha caixa ao meu pai, unha caixa branca, desas de mariscador, na que meu pai gardaba os percebes. El me preguntou para que era, e eu lle dixen que era para facer unha horta. Pretendía poñer esa caixa zanorias, pero seica non se deron, non debían ter moito fondo. Despois nos vrans, o meu instinto horticultor saía a luz, cando pasaba unhas semanas na casa da miña tía Carmen en Lires, que tiña unha horta enorme, enorme e alí había de todo, por haber, haber, ata había un sapo entre as patacas recen sachadas que me mexou na perna. Pois so queda dicir o profesor, parabén! Que boa iniciativa! Ai que ver, que fácil de facer, e cantos anos tiveron que pasar para que neste fermoso cole se fixera algo así. Alegreime tanto, que fun co meu sobriño ata escola a sacar unhas fotos , pero oooooooo! non puidemos entrar por que o cole estaba pechado. Haberá que intentalo un dia durante a semana. Je, xa irei a espiar, se o seu romero vai mellor co da miña horta.