Bueno, onte subín esta imaxe que resume un pouco moito o meu día a día e tamén o do compañeiro " tritón do Ribeiro", e hoxe poñolle verbas a esta imaxe!
Nalgun parágrafo perdido do longuísimo post anterior, comentaba que estaba tentando reencontrarme de novo con estas terras fertis que me acollen. E iso, neso ando, ou neso ando ás voltas.
Este debuxo resume moi ben un día no Ribeiro!
De punxín para castrelo e o triton de ribadavia para carballiño! así, damos voltas á montaña do castro de San Sibrao de Las! sí, Pena Corneira vixía que se cumpran os nosos soños, a autovía de vigo a madrid, sobre voa os días, e a autovía de carballiño a ourense, destrúe os soños do Barbantiño!
vivir no Ribeiro, eche unha lediacia, sobre todo nestes días de caloriña! pero vivir no Ribeiro éncheme o corazón de contradicións!
e teño moitas cousas q contar que aconteceron dende o ultimo post
pero non teño animo nin ganas
estou vaga
i: unha vez lin un artigo no que o autor non falaba nada mais que da dificultade de escribilo e da dificultade de crear unha idea pa plasmar, e así fixo o artigo.... chamariase metaartigo?
x: vaga
cada vez me é máis dificil parir o blo
i: ao mellor xa rematou a etapa de escribir o blo, non ten pq durar sempre.
x: supoño que está paralelamente relacionado co meu autismo incipiente
i: ehhhh????
x: jeeeeeeeeee
si, si
bueno incipiente non, q xa levo así uns meses
i: as veces que nos veiamos si te notaba un pouco ausente pero non te dixen nada pq supuxen que era cousas do momento ou das circunstancias
x: pois non, agora mesmo, ae das poucas veces q non estou ausente porq
estou a falar contigo do q me pasa sinceiramente
supoño q esto de poñerme e entreterme ajora contigo a falar
é unha maneira máis de pasar de escribir no blo
i: ou sexa, que son unha excusa? un pretexto na tua vida?
"E para rematar, os versos manuscritos sobre os Pendellos que leu para nós Xosé Vázquez Pintor. Pedinlle a tarxeta coa escusa de que a quería reproducir no blog. Pero era mentira. En realidade quería arrebatarlla para gardala no cofre dos tesouros. Aí está baixo sete chaves. Mais para que non haxa queixas nin reclamacións, velaí queda como recordo dunha xornada para non esquecer."
Eu teño no meu tesoro un pequeno cachiño dos pendellos pegados nunha táboa, e nesa táboa desprendese unha enerxía que enche as nostalxias de amorodos saborosos coma os bicos do Leo!
Pois a estas horiñas, todos estamos a verquer mil verbas na rede sobre a xuntanza do pasado sábado, e como non agradecendo toda a ilusión e afecto que os Pendellos nos brindou, un forte abrazo para Manuel, para a súa voz que todavía estará a percorrer os rincons da praza da Randulfa!
Cheguei a casa pola tardiña e tiña o peito, as mans , as verbas, tan cansas de ledicia, estaba entusiasmada, chea de ideas e que si chego a ter un acceso a internet nese momento, estaríades hoxe lendo tres mil e unha tolemias soltas e a piques de afogar entre as 102 fotos que saquei.
A verdade e que me gustaría ser unha boa cronista para ir comentando todo o que alí compartimos, pero na relidade son charlatana e non cronista, tan so dicir: todavía ando excitada do noso encontro, todavía creo que non conseguín agarrarme a terra, e vexo a realidade dende unha perspectiva aérea tomada dende unha das sobreiras onde eu pretendía agochar para sempre aquel intre ca axuda de leo e o seu pai. ou quizais ando pendurada da fiestra verde da Randulfa, que estaba aloumiñando as historias que ali se fixeron historia. Quixera falar trampitan, colarme pola porta verde do setimo andar e pintar as "fiestrelas" de azul, atopar un fillo na galiza!, argallar entre todos un blo colectivo onde pendurar as nosos sorrisos das sobreiras, dos carballos, dos castiñeiros,que acompañan os nosos días! deixar verbas agochadas nas historias de cuco de pambre,que agocharan mil e unha noite de ledicias ser zanfona e diva xigante no escenario, tan rotundamente sinceira ou ter oído e mente musical para ser unha ente 11, e como non, ser xigante co meu sorriso, como o é Cuspe de pita, que asolagou as tristezas máis reconditas dunha alma insomne. Quixera ser , quixera ser de agolada, para compartir tantas andainas blogueiras a diario cos rapaces de alí, e percorrer nas fins de semana o sobreiral, mentres Fátima, ou Daniel, ou David, ou manuel me contan fedellos para engadir o meu blo!
Ah, e non se me pode esquencer, que gran parte da fermosura das imaxes deste blo, bebense as marxes do Barbantiño, e das terras do Ribeiro, polo que quedades convidados a miña casiña, a estas terras entre carballiños, así que si tedes unha fin de semana para compartir conmigo e co Pablo, non deixedes de poñervos en contacto conmigo, e botamos un chapuzón na poza de ola!
insomniorizar@gmail.com
28 de maio de 2008
14 de maio de 2008
ai días nos que o ceo amósase gris e húmido, e a pesares das nostalxias que o enferruxan todo, ata a cadea da bicicleta! ai días así, como ese, que teñen a hablidade de transformar ata as pegadas no chan, ai días que se converten nunha celebración do humano, da delicia de vivir entre a auga e o ceo máis azul.
bueno, non sei, quizais púxenme de novo nostálxica, tan so quería recordar o pasado sábado.
atopámonos en Reigoso, e convidaronnos a subir xuntos,
cas conversas, que salpicaban no verde das follas dalgunha que outra figueira que se escondía nos
recunchos máxicos da terra.
E así, chegamos o San Miguel de Castrelo de Miño!
Graciñas por tan bo día, graciñas ao pobo de Noallo de Abaixo, as súas xentes, as súas músicas.
a verdade, hoxe díxome Ivan, que cría que o San Miguel deulle sorte o ano pasado: pois eu ben o creo,
pois a min reactivoume as nostalxias das que falaba o Lestón, e máis sei que de seguro a min tamén a darme sorte.
Graciñas Senén, Ana, Etel, Pepe, foi moi especial o ascenso ao ceo azul das augas de Castrelo.
Ah!, e graciñas ao cadelo que nos acompañou na volta!