24 de abril de 2008

dor






que podo dicir?
que podemos dicir?
ante a insensibilidade dos que nos gobernan,
ante a torpeza dos que aniquilan o noso país amparados pola sede de progreso que disque merecemos.

Si, todas etas imaxes concentran a barbarie ás portas dos meus soños,
o noxento progreso que está a afogar o Barbantiño,a aldea do Viñao, e vilas cercanas como Santa Cruz, Maside, Amoeiro...

tren de alta velocidade,
último tramo da autovía Dozón-Ourense

unha ves máis repetir que ninguén está a recoller a torpeza do que nestas vilas está a acontecer

unha vez máis, recordar que o progeso ten un custe moi elevado,
e neste caso
(que haberá tres mil nas nosas terras, nos nosos ríos),
o custe fai doer os raíces que nos sustentan.


Quixera tamén recordar as verbas do compañeiro Chousa de Alcandra ao fío desta dor.

7 de abril de 2008

corpo e mente non son o mesmo

corpo e mente, ou corpo e alma non son o mesmo

a cotío quedo pendurada da cadeira, mais mente e alma ...
ausentes!

31 de março de 2008

Xa somos un feixe, pero temos que ser máis.

Si, si, chegou a primaveira e empezamos a saír de entre as humidades invernais, que para alguns coma min, este ano deixaronme malladiño o corpo!
Pero xa estamos ansiosos, de ir tomar un ribeiro ao sol, de recoller as mazás temperás, de introducir as mans na terra para sachar cas unllas...

e sí, para xuntarnos: I Xuntanza en Agolada?

Graciñas pola vosa iniciativa, e dende aquí convido a todos a que participedes na xuntanza e no debate aberto en dito blo.

Que dicides?
Eu voto por Agolada

14 de março de 2008




Marianne Faithfull dí no seu canto:

¿Quen vai tomar os meus soños lonxe?

Non podo darche todos os meus soños
Tampouco a vida que vivo.
Vostede e non vou perder a amizade,
Iso é todo o que teñen que dar.

¿Quen vai tomar os seus soños lonxe
Toma a túa alma outro día.
O que nunca pode ser perdido foise,
É roubada dun xeito.

Por favor, non estar demasiado preto de min,
¿Podes escoitar o meu corazón?
Tome o meu aflicción e magra sobre min
Cando non estamos aparte.

Agora a nosa misión é terminar
E os nosos amigos escondéronse.
Evil cousas derribado pola luz,
A vida segue adiante ata o final.

aínda que algo desafortunada a traducció que fai o opentrad, estas son as verbas máis fermosas que hoxe me cantaron. Graciñas!

11 de março de 2008


o que separa a estas duas fotos é:
o curso do Miño
as pegadas entre as cepas
un par de horas
un bico
uns sorrisos de esguello
a identidade olvidada, asolagada
as xentes que viven nestas terras de viño e laranxas autómatas
...
a vida e a morte separan estas dúas fotografías,
andaba a capturar o ceo máis sinceiro deste inverno ese un de maio,
e cando cheguei o final esperábame a morte reflexada no fondo das augas onde esta historia deu comezo.

De camiño as orixes, o ceo móstrabase por primeira vez, a súa totalidade
mostrabase fermoso coma as historias que as xentes da nosa terra contaron de ti, o día no que te atopei as mans frías coma nunca.

agora, dende estas terras do ribeiro, non podo olvidar o picho do barril de ribeiro co que xogaba de nena, non poido olvidar as túas máns verquindo costeiras.

o que separa estas dúas fotos é o ceo, onde as túas mans andan a traballar construindo unha identidade que xa ía case esquencida entre o vermello das paredes.


1 de fevereiro de 2008

O monstruo de Castrelo de Miño: a anguía da picaraña

Pois xa tou plenamente instalada por estas augas, polas súas néboas. É un pracer cando aí, a media mañá vou cara o traballiño, acompañada da corrente do Miño, no coche, escoitando a Andrés Dobarro e o tren; e xa cando chego a San Paio,non dubido en parar uns segundos , para ver a inmessidade das augas, e dende hoxe, tentar albiscar a anguía da picaraña.

Si, sí, por que en Castrelo de Miño, temos mostruo.Non temos, nada, nadiña de envexa, nin de vergoña en dicilo.

Hoxe, o compañeiro Alfredo, chegou co recorte do periódico, dun diario xa desaparecido en con data de 17 de outubro do 1990. Si, sí, verídico! así pois extraín algúns pedaciños da nova:

Segundo a opinión mantida contra vento e marea por Suso Conde Cunqueiro, e avalada por numerosos veciños do lugar, entre eles afamados pescadores históricos de anguilas, como o mesmo Suso Conde, das profundidades abismales do embalse de Castrelo de Miño, emerge nas horas máis escuras da noite para ocultarse aos comezos do alba, un telúrico espécime semellante a unha enorme anguila dun tamaño tan desproporcionado e estraño, a tenor da impresionante oleaxe que producen os seus movementos que leva a Suso Conde, experto coñecedor de todas as beiras do embalse, a considerar esta bicha _ un dos múltiples nomes dados_, como un verdadeiro monstro mariño, semellante aos que anidan na imaxinación soñadora do noso atávico orixe ancestral conectado directamente á prehistórica existencia animal da que todos procedemos.


“este foi un detalle de fai uns vinte e pico anos, de cando cubriron o salto. Meu avó, diuselle por ir sacar uns postes a veiga, e foi o detalle, de que no cruceiro cóllese o camiño para as veigas, e o chegar abaixo levaba un pico na man para desenterrar os postes, para que non quedaran atorados pola auga. E entón foi o detalle, ve a ánguila da picaraña, mandalle a picaraña a cabeza, e a anguía empeza a correr polo camiño abaixo, polo río abaixo.”

“A anguía era tan grande que meu avó comentouno a todo o pobo, e tamén a viron logo máis xente. Meu avó quedou abraido polo tamaño da bicha, e iso que o meu avó non se sorprendía por esto de calquer maneira, xa que que él foi pescador de anguías toda a vida”


En canto o tamaño dicía: “
eu que sei,… sobre catorce ou quince metros de longo, e de ancho ten unha cabeza como o ancho das nasas máis grandes”


A picaraña, que leva cravada hoxe día na cabeza, ten ó mango partido á metade visto polos propios ollos de Suso Conde e afirmaba que o mango xa ía comido polo auga.

foto extraída de: trisquel.worpresss.com

debuxo de : contossolidarios.org

31 de janeiro de 2008

acompañando esta pintada de Banksy nun cartel, vin o lema de :
Pola súa seguridad quede na casa.

;)