Pois si a semana pasada daba conta do parque ambiental( sexa en Carballeda de Avia, ou en Punxín ou Maside), esta semana, e sen deixar pasar máís tempo, débolle a estas terras que me dan de comer, lembrar esta reinvidicación:
Recomendovosestes dous artigos aparecidos en prensa que dan conta do atropello e dor.
A fotiña saqueina unha noite destas a eso das 9.30 da noitiña, diante da ventá da cociña.
bueno!, xa vedes, o que non publiquei durante o mes de xuño, vouno recuperando agora, os pouquiños.
o caso é que como dixen con anterioridade, había cousiñas que quería compartir con todos vós e unha desas historías é a dos xabaríns.
O calidonia e o 3 miniaturas me recomendaban que escribise no meu bloguo das miñas aventuras a beira do barbantiño, e unha de estas aventuras é a dos xabaríns!
bueno! , aventuras , aventuras non sei se merecen a categoría de aventuras, pero eche así1
o caso, que na miña horta pulula unha gran familia de xabaríns, e digo gran familia, porque xa os teño máis que vistos e estudiados; ata nunha ocasión vin catro de paseo por diante da ventá da miña cociña, eranche dous grandes e dous pequerrechos. E a pasada semana vin outros tres, pero o grande, erache moi grande, e os pequenos, un jabatiños pequerechiños, que nada tiñan que ver cos catro de fai un mes. así que polo menos, teño arredor de 7 xabaríns facendome compaña.
deben xa estar moi afeitos a min, despois de xa un ano compartindo beira do Barbantiño con eles, porque a verdade nin caso fan de a min, cando lles dou unha palmada para asustalos, ou lles boto unha cantinela. nada! nin caso!
me miran de esguello e continúan comenzo as mazás que a min non me da tempo a comer!
Ademáis, sonche moi precisos na súa visita diaria, a eso das 9.30 da noite xa empezan a verse;I eu, que son moi boíña, e moi puntual, non falto a súa cita e alí estou, cos bruces pejadiños a fiestra para sacarlle fotos.
Vou ter que mercar unha camara destas de video, para facer un video documental como eses da 2.
Bueno, a pesar de todo o que revolven na horta ou no camiño, a min no me molesta, agás cando tirán un carballo de tanto revolver o seu arredor, ou tamén son moi molestos, cando vou unha noite destas de Ribeiros por Ribadavía, ou por Ourense, e a volta os teño esperandome no portal.
E vos imaxinaredes que están por fora do portal, a que sí!
pois nada diso, eles viven tan ven coma min! Están esperándome dentro da finca, por dentro do porta!
E claro, ahí si que me------- ao velos, a ver quen baixa a abrir o portalito!
Bueno, despois de tentalo cas luces longas, cas miñas palmadas, co pito do coche e nada,de nada, poño á Amy Whinhouse esa, e ala! listos! despavoridos saen.
E é que a amy, eche moito! E ata me recorda a eles, xa que ten unha cabeleira similar!
E unha vez máis, caeseme o alma ós pes, nos pode ser!?
despois de tantas veces que eu levo denunciado o calamitoso estada do Barbantiño, da autovía que está a quebrar a nosa comarca, agora esta nova. non, non , resistome, haberá que facer algo.
Xa vos irei comentando!
Resistíame a colcación do parque en Carballeda de Avia, e agora resístome unha vez máis.
Galiza non se vende!
para consultar máis información e apoiar esta protesta non dubides ler aquí.
Pois si, xa vai un cantos post, que quería falarvos da miña primeira horta!
levo xa dende febreiro traballando nesta pequiña horta e sempre pensaba que merecía ser parte destos insomnio.
non me quita o son, pero uns cantos doloriños de espalda e resoplidos si me provoca. AAAHHHHHHHHHHH! porque me saen tantas malas herbas!!!!!???
E por que os meus tomates a día de hoxe non tan vermellos????!!!!
Quizáis son impaciente demáis!
E ademáis non debía queixarme, porque para a escasas duas horas que lle adico a semana, a cousa pinta ben, teño as tomateiras carjadiñas e as leitugas son fermosas como os tritóns do barbantiño. Bueno, vou a ver si podo mellorar a miña hotiuña lendo neste blo que me recomendaron hoxe, e que pinta moi ben: Aprendiz de horticultor ecológico
Bueno, onte subín esta imaxe que resume un pouco moito o meu día a día e tamén o do compañeiro " tritón do Ribeiro", e hoxe poñolle verbas a esta imaxe!
Nalgun parágrafo perdido do longuísimo post anterior, comentaba que estaba tentando reencontrarme de novo con estas terras fertis que me acollen. E iso, neso ando, ou neso ando ás voltas.
Este debuxo resume moi ben un día no Ribeiro!
De punxín para castrelo e o triton de ribadavia para carballiño! así, damos voltas á montaña do castro de San Sibrao de Las! sí, Pena Corneira vixía que se cumpran os nosos soños, a autovía de vigo a madrid, sobre voa os días, e a autovía de carballiño a ourense, destrúe os soños do Barbantiño!
vivir no Ribeiro, eche unha lediacia, sobre todo nestes días de caloriña! pero vivir no Ribeiro éncheme o corazón de contradicións!
e teño moitas cousas q contar que aconteceron dende o ultimo post
pero non teño animo nin ganas
estou vaga
i: unha vez lin un artigo no que o autor non falaba nada mais que da dificultade de escribilo e da dificultade de crear unha idea pa plasmar, e así fixo o artigo.... chamariase metaartigo?
x: vaga
cada vez me é máis dificil parir o blo
i: ao mellor xa rematou a etapa de escribir o blo, non ten pq durar sempre.
x: supoño que está paralelamente relacionado co meu autismo incipiente
i: ehhhh????
x: jeeeeeeeeee
si, si
bueno incipiente non, q xa levo así uns meses
i: as veces que nos veiamos si te notaba un pouco ausente pero non te dixen nada pq supuxen que era cousas do momento ou das circunstancias
x: pois non, agora mesmo, ae das poucas veces q non estou ausente porq
estou a falar contigo do q me pasa sinceiramente
supoño q esto de poñerme e entreterme ajora contigo a falar
é unha maneira máis de pasar de escribir no blo
i: ou sexa, que son unha excusa? un pretexto na tua vida?