29 de novembro de 2007

proxecto ríos

río arnoia. foto extraído de google imaxes

Por casualidade e gracias a travesía dun bo amigo din con este proxecto, e non dubidei en falarvos del, xa que entre todos podemos facer máis grande este proxecto tan interesante,
eu xa ando toliña con él e co
Barbantiño
.
Qué é?

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel nesta web. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.

¿Quen pode participar?

O Proxecto Ríos está aberto a calquera persoa ou colectivo que asuma o compromiso de levalo adiante: asociacións de veciños, de pescadores, deportivas, culturais, sociais, centros educativos, escolas de tempo libre, grupos familiares ou de amigos ....
Todo o mundo é benvido , teña ou non coñecementos prévios sobre os rios.

Ámbito xeográfico

O Proxecto Ríos abrangue toda Galiza, e dentro dela, calquera río de certa entidade que discorra nalgún dos seus treitos polo noso país

27 de novembro de 2007

Bueno, fai unhas semanas, por motivos do meu novo traballo,
que ando a maquinar con todo esto do Software libre ou Software Ceibe,
estou nos comenzos, pero polo de agora ando entusiasmada con todo isto.
(Bueno, as veces sobrepasame tanta e tanta información).
Máis ando encantada,
por que é moi sinxelo aínda para min que son un pouco lentiña para estas cousiñas. Sinxelamente nesta mensaxe tan só plasmar o concepto,
para os que os descoñezan e queiran interesarse polo tema, un saudiño!



"Software Ceibe", ou "Software Libre", é un concepto amplo que no seu aspecto mais sinxelo se refire a programas de ordenador nos que o usuario ten as liberdades de:

  1. Uso: sen distinzóns de persoa e propósito.
  2. Modificazón: o poder facer cambios sobre o programa, mesmo a crear programas novos a partir do orixinal, ou a incluír partes dun programa noutro, e facer estes cambios públicos.
  3. Copia: sen restriczóns en canto a número, forma ou medio, de balde ou por un prezo.

Ademais, o Software Ceibe incorpora o conceito de "copyleft" ("copiceibe"), que esixe que calquera programa derivado dun programa ceibe sexa, á súa vez, tamén ceibe.

Anque o primeiro grande proxecto de Software Ceibe data do 1983, é dende o ano 2000 que ven tendo un auxe importante fronte a alternativas tradicionais ("privativas"). Programas coma o navegador Mozilla Firefox, o entorno de oficina OpenOffice ou o sistema operante GNU/Linux son exemplos.

En lugares dispares e numerosos de todo o mundo, governos, particulares, empresas, escolas e universidades están a descubrir que o Software Ceibe é unha alternativa sólida, fiable, económica e socialmente xusta. Como mostra están as experiencias da India, Alemaña, Francia, China ou, dun xeito moi salientable, o Brasil e Extremadura.

O Software Ceibe dá lugar a comunidades de usuarios e desenvolvedores, onde a interacción entre as persoas que usan os programas e as que as fan é contínua e enriquecedora. O modelo de creazón de novos programas basease na cooperazón e compartizón de coñecementos, e o modelo de uso na axuda e exploración mútuas das posibilidades do software.información extraída de Ceibe.

información extraída de Ceibe


23 de novembro de 2007

Ando co cambio de sistema as voltas ;)

Do papiro o libro!




ei!, xa vos ando instalada no ubuntu!!!!!!!!!!!!
jiji, agora a navegar por mancomun para baixar fedellos

19 de novembro de 2007

galiza non se vende


"....As organizacións e colectivos que conformamos a Rede Litoral Vivo, entendemos necesario estender a rede cidadá para incorporar a outras plataformas e entidades cívicas cuxo principal obxectivo é acadar unha xestión máis sustentábel e solidaria dos nosos recursos naturais e pular por unha ordeación do territorio racional e socialmente xusta. Alén do litoral, hoxe están ameazados grande parte do noso patrimonio natural, histórico, etnográfico e mesmo os xeitos de producción propios, pola extensión dun modelo económico insolidario e depredador ao servizo dos intereses capitalistas e especulativos..."

información estraída da FEG

14 de novembro de 2007

Negro. Google ecolóxico

Fai uns días recibín esta noticia dunha compañeira de Lugo:
Si Google tivera una pantalla negra, tendo en conta a gran cantidade de persoas que o usan, calcúlase que aforraríanse unos 750 megavatios/hora anualmente.
Como resposta a isto, Google creou una versión negra, chamada Blackle, cas mesmas funcións que a versión en branco pero cun consumo de enerxía menor.
isto tamén é aplicable os blos;
así para aqueles que teñan blo e lles interese esta información podedes tamén aplicala o voso blo, pasando o fondo a negro.

teredes máis información acerca disto aquí.



E días máis tarde recibín un comentario de alfredo que me advertía desta información, que podemos atopar na páxina de noticias de google en español e que dicía:


blackle.com: una excelente campaña de márketing viral

Hace unos meses, nació el sitio web 'blackle.com' (sin ninguna relación con Google) mostrando una página web muy parecida a la de inicio de Google, pero con fondo negro en lugar de blanco, prometiendo a los usuarios ahorrar energía con este colo. Incluso a día de hoy aseguran que han ahorrado ya 307 GWh MWh en todo el planeta, parecido a lo que produce un aerogenerador de 1 MW durante 13 días.

Pero lo que promete 'blackle.com' no es cierto, y hay análisis y expertos que aseguran que 'blackle.com' consume incluso más energía en los monitores LCD (los que ya comienzan a utilizar la mayoría de los usuarios) que la página de inicio de Google. Y es que el color en el que 'pintemos' el pixel no influye apenas en la energía necesaria para hacerlo.

Sin embargo, 'blackle.com' está consiguiendo un grán éxito de márketing en Internet. Se han unido dos asuntos que sintonizan con un importante porcentaje de la sociedad, Google y el cambio climático, y eso está provocando que el tráfico web aumente progresivamente desde hace semanas (ver gráfico de Alexa), convirtiéndose en uno de los sitios web más visitados de la WWW. No es rara la semana que recibamos un email animándonos a utilizar esta herramienta, apelando a nuestra conciencia ecologista, e incluso llegando a confundir al usuario. Por ejemplo, este es el contenido de uno de estos mensajes:


Se trata de una excelente campaña de márketing viral en Internet que, utilizando la propagación a través de emails y blogs, todavía sigue estando viva después de varias semanas. A pesar de que desde hace tiempo se sabe que con 'blackle.com' no se ahorra energía, hay todavía medios generalistas como el español 'elpais.com' que se sigue haciendo eco de la noticia (ver noticia de hoy mismo). Y es que, gracias a esta campaña, y gracias al 'Google Custom Search Engine' que utiliza junto a anuncios de AdSense, la empresa australiana que lo ha creado está obtieniendo una notable cantidad de ingresos económicos. En agosto ya se hablaba de "cientos de dólares" diarios, y no sería extraño que la cifra alcanzase ya los 1.000 dólares en un solo día.

Quizá no tardemos en ver cómo desaparece 'blackle.com' tras una carta de los abogados de Google exigiendo su cierre por entender la compañía que se está confundiendo al usuario. Por una parte, son muchas la personas que se piensan que está realizada por la propia Google, debido al nombre del dominio y al diseño (como se puede comprobar en el email que está circulando). Y, por otra parte, aunque no se confunda al usuario, ¿le gustará a Google que muchos piensen que su página de inicio está derrochando energía con los esfuerzos que está realizando por transmitir la imagen contraria?

ACTUALIZADO: Josufb nos cuenta que él mismo ha hecho en su casa con un amperímetro varias mediciones de la energía consumida por su portátil tanto al visualizar la página de inicio de Google (fondo blanco) como la de 'blakcle.com' (fondo negro) y en ambos casos los consumos son idénticos.

Así, que disculpade polas molestias causadas e terei máis tino a proxima vez!
Gracias Alfredo!

13 de novembro de 2007

a cultura do: "por que no te callas..."

imaxe: john pring
rrebumbio dijo...

o domingo pasado todos nos levantamos coa noticia do "por qué no te callas" de don Juan Carlos hacia Chávez. Seguramente as formas de chávez non foron as máis correctas (manda carallo ter que falar de formas correctas e que o estado español exija respeto as antigas colonias do reino, cando máis ben debería pedir perdón e todo o robado e aniquilado durante siglos). Chávez, Ortega e compañía estaban a queixarse lexítimamente entre otras cousas do colonialismo capitalista que mafias como Repsol, Banco santander, Telefónica, e compañía están a exercer nestes países. O "paraleleismo" venme a cabeza porque se o señor villar mir a través de Ferroatlántica é capaz de cometer estos atropellos e quedar completamente impune, que non serán capar de facer estas empresas colonialistas en centroaérica e sudamérica?



12 de novembro de 2007

Tan só os peixes mortos seguen a corriente do río


Facía xa máis de un par de meses que tiña que haber dito algo nestas follas acerca do calamitoso estado do Barbantiño. Pois tócame moi, moi de cerca, concretamente a 16 metros da porta da miña casa.

A finais de xuño e por motivos do trazado da autovía libre de peaxe ( que non libre de custo, xa que o custo ambiental é incalculable, a desaparición da ruta de 23 km do Barbantiño supón un alto custo cultural e ....), comenzou a tala de centos de carballos a altura do concello de Punxín e máis concretamente da aldea do Viñao, así como o aforcamento do río; todo isto sen ter en conta nin a poboación de dita aldea, nin as opcións expostas polo estudo medioambiental. Todo isto para asentar a tres metros dos fogares dos veciños do Viñao un pilar para a ponte den 90 metros que ensombrecerá unha das rutas máis fermosas e extensas que conta o sur do noso páis.

Como veciña da aldea pregúntome porque non aproveitar o trazado do ave para trazar a autovía e así non foder máis os limites entre a comarca do Ribeiro e a do Carballiño; será acaso como diso un dos traballadores que nese lugar se atopa, por “vistosidade da obra”, e polo tanto por publicidade e propaganda electoral;

o fin e o cabo, facer pasar a autovía por toda a ladeira de Punxín, atravesar todo un pobo como Santa Cruz, ademáis de facer un enganche faraónico ca autovía das Rías baixas que ensombrecerá unha vez máis o castigado Miño; é moito máis vistoso.

Si señores, non cabe dubida, é vistoso para eles ( como os carteles da vergoña que están colgados na N-525 a altura de Piñor onde o Sr. Touriño lle da as gracias a si mesmo por tal obra libre de peaxe) e para nós, xa que cando a obra remate os usuarios terán unha fermosa vista da aldea do viñao a sombra da ponte que se levantará a 90 metros do Barbantiño, ademáis doutras lindezas.


Pero esta fin de semana cando me dispuña a preparar as fotos que ían a ilustrar estas palabras que tanto se me retrasaron, recibo os bos días coa portada da Voz de Galicia,
Realmente desoladora.

E como natural da comarca na que desemboca o Xallas, preguntome ademáis:

InCOMPETENCIA’???????????

AI! Fai tempo que me din conta que a incompentencia non entende de cores, nin de ríos, nin de mares, non entende de partidos políticos. A incompetencia eche como a ponte que vai ensombrecer o Viñao, a incompentencia anda a ensombrecer unha e mil veces máis os mares, os montes, os rios do noso país.


Os peixes,
Mirade as fotos dos peixes,
E o video,
Ese video eche coma a metáfora de q a nosa terra baixe polo retrete.

Non quero despedir este post sen recordar:


*e todo isto cando se "celebra"!!!!!!!!!!!!!!!!! o 5º aniversario do desastre do prestige. Sen dubida mal mes para a nosa costa, sen dubida non facía falta "celebrar" tremenda enchenta en Carnota, nin celebrar tal recordo. máis ben, o meu parecer vai facendo falta máis competencia.

e pau anda co mesmo rebulir ca min.

7 de novembro de 2007



pois sí,

como dí Calidonia, ben parece que empezou o curso blogueiro,os nemes xa tan aquí.

máis alguén saberíame dicir de onde ben esta denominación?

eu este ano incorpórome tarde e moi os pouquiños,

pois ando a traballar explorando os mundos de Ubuntu e demáis fedellos,

para acadar o estado ideal dunha perfecta dinamizadora do tecnolóxico do rural galego.

Ufff!

sona moi pedante isto,

e de isto moito,

moito hay q comentar,

casi tería que facer un blo paralelo.

Pois aquí esta a miña aportación persoal, particular, breve e rotunda. graciñas a Pau e Calidonia por acordarse de min a pesar do meu escaso ruido nestas últimas semanas.

A verdade e que teño ganas de comentar algunhas cousiñas que se están a debatir estes días nos blos veciños, máis esto fareino no seguinte

café.

Agora convido a: a muller violeta, xentes de leiro,nenonino,choiviña,ukinha,fios invisibles,modesto fraga,cartafol de silencios.